"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • REXIÓNS

    Rexión de Bélxica (13.521 km2; 5.926.838 h [estim 1998]), unha das dúas nas que se divide o país, que inclúe as provincias de Anveres, Brabante Flamengo, Flandres Occidental, Flandres Oriental e Limburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Bélxica (3.144 km2; 1.127.091 h [estim 1998]). A súa capital é Bruxas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Bélxica (2.982 km2; 1.359.702 h [estim 1998]). A súa capital é Gante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio histórico xerme da rexión de Flandres. Balduíno I Brazo de Ferro fundou a primeira dinastía de condes a mediados do s IX e o seu fillo Balduíno II o Calvo, foi o primeiro conde independente. Os seus sucesores estendéronse sobre os condados de Zelanda (1006) e Aalst (1033), e produciuse un importante desenvolvemento económico. A cuarta dinastía, iniciada por Teodorico I o de Alsacia, perdeu os condados de Artois (1191) e Vermandois (1214). Durante a quinta dinastía sucedéronse a partir do 1279 as disputas entre os fillos dos dous matrimonios da condesa Margarida II a Negra pola súa herdanza. O monarca francés Luís XI repartiu o territorio e outorgoulles Flandres aos Dampierre e Hainaut aos Avesnes. Na sexta dinastía produciuse a invasión dos franceses (1300) que provocou a sublevación dos flamengos e, trala vitoria en Courtrai (1302), conseguiron a independencia dos franceses polo Tratado de Athis-sur-Orge (1305)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De orixe flamenga, traballou para Isabel a Católica (1496-1504), para a que fixo o Políptico de Isabel a Católica, onde mesturou as cores e as tipoloxías humanas flamengas cos escenarios arquitectónicos renacentistas. Traballou en Salamanca e en 1509 contratou o retablo maior da catedral de Palencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Discípulo de J. M. J. Ingres, pintou os frescos das igrexas de Saint-Sévérin, Saint-Germain-des Prés e Saint-Vicent-de-Paul, en París, e decorou o castelo de Dampierre. Foi o retratista oficial de Napoleón III e da sociedade aristocrática e burguesa do Segundo Imperio. Cultivou tamén a pintura histórica e mitolóxica. En 1830 gañou o Prix de Rome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e bacteriólogo británico. Estudiou medicina na Universidade de Londres e foi profesor de bacterioloxía nesa mesma universidade. As súas investigacións, orientadas dende un principio cara á bacterioloxía, levárono a descubrir en 1921 un enzima, o lisozima, substancia antibiótica que se atopa na saliva, nas lágrimas e na clara do ovo, e que o puxo no camiño do seu gran descubrimento: a penicilina (1928). Non obstante , mediou un período de once anos ata que en 1939 un equipo de investigadores, dirixidos por Horward Florey, lograran illar e producir a penicilina en cantidade suficiente para o seu uso. Foi membro da Royal Society de Londres e doctor honoris causa de numerosas universidades: París, Roma, Harvard, Madrid, etc. Realizou numerosos traballos sobre inmunoloxía, bacterioloxía e quimioterapia. En 1945 recibiu, con E. B. Chain e H. W. Florey, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía como descubridor das propiedades bactericidas do fungo Penicillium notatum. Considérase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador inglés. Licenciado na University of Oxford, foi profesor de historia na University of York (1969-2001). Centrou os seus estudios na tardoantigüidade e na alta Idade Media. Colaborador de, entre outras publicacións, Historical Review, Bulletin of Hispanic Studies e Times Literary Supplement. Das súas obras destacan The episcopate in the kingdom of León in the twelfth century (1978) St. Jame’s Catapult: The life and times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela (1984) e The conversion of Europe. From Paganism to Christianity 371-1386 (1997). Foi membro da Royal Historical Society de Londres e galardoado en 1989 co Wofson Literary Award for History e en 1990 co Los Angeles Book Prize for History.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e político francés. Capelán da Raíña María Tareixa de Austria (1679-1683) e bispo de Frejús (1698-1714), foi nomeado en 1714 preceptor do futuro Luís XV e desde 1726 ministro de Estado. Opúxose aos xansenistas e practicou unha política exterior pacifista, malia intervir activamente nas guerras de sucesión de Polonia e Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pólder do SL do río Ijssel, gañado ao Zuiderzee, Países Baixos, de 1 a 5 m por debaixo do nivel do mar. Desecouse entre 1950 e 1957. Está separado do continente polo lago Veluwemeer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pólder do S do río Ijssel, gañado ao Xuiderzee, Países Baixos. Separado do continente polo Veluwemeer, comezou a construírse en 1959.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cirio (Pol). Ten planta rectangular e dúas alturas. Na fachada posterior conserva unha solaina. Ten unha cheminea con pombal e un reloxo de sol cunha inscrición de 1856. Conserva unha capela no interior da vivenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Rúa. Fundouna no s XVIII Bernaldo de Quiroga, pero tivo que ser reconstruída trala destrución que sufriu durante a Guerra da Independencia. Ten planta cadrada e patio interior. As fachadas caracterízanse por ter todas elas balcóns. A finca está amurallada e ten a entrada polo O.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo federal da administración estadounidense encargado de fixar os parámetros técnicos dos alimentos e dos fármacos, de autorizar os compoñentes químicos, como aditivos ou principios activos farmacolóxicos, e de velar polo cumprimento da lexislación vixente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico polaco. Cun gran dominio da técnica, dirixiu películas da categoría de Ulica Graniczna (O camiño de fronteira, 1948) e Piatka Zulicy Barskiej (Os cinco da rúa Barskiej, 1954), premiada en Cannes. Abandonou o seu país posteriormente e traballou intermitentemente na República Federal de Alemaña e nos EE UU, onde dirixiu obras como Angeklagt nach, 218 (Acusado segundo o artigo 218, 1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor. Contribuíu de forma decisiva ao desenvolvemento do motor de explosión para automóbiles. Patentou un motor de gasolina de 4 ciclos e 4 cilindros (1891) e inventou o acendido por magneto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo. No ano 1731 ideou un novo sistema para presentar os datos que aparecen nas táboas astronómicas, moito máis práctico co sistema que se empregaba ata o seu tempo. Tamén elaborou un novo método para a observación dos pasos de Mercurio diante do Sol. Introduciu o concepto de tempo solar medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Fradelo (Viana do Bolo). Ten planta rectangular. Na fachada principal sobresae a fornela coa imaxe dun santo enmarcada entre dúas pedras de armas que aluden aos Salgado, Blancos e Noboas, por unha banda, e aos López Gayoso, pola outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. En 1881 entrou na Escola Normal de Lugo, onde formou parte do grupo de galegos que acudiu ao Congreso Nacional Pedagógico (1882). En 1890, foi nomeado profesor numerario en propiedade da Escuela Normal de Maestros de Cuba e presidiu, durante sete anos, a Sección de Instrución do Centro Gallego de La Habana. Foi redactor xefe do semanario El Profesorado, dedicado á defensa do maxisterio e do ensino, e director de Criterio Escolar, órgano do Centro del Magisterio de Cuba. Repatriado a España (1898), foi nomeado profesor da Escola Normal Superior de Santiago de Compostela (1899-1919), centro que dirixiu en 1901 e a partir de 1905. Tamén foi catedrático auxiliar interino da facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Implicado na vida social e cultural compostelá, foi vicesecretario da Sociedad Económica de Amigos del País e impulsou iniciativas congresuais, como o Certamen Pedagógico de Santiago de Compostela (1906) ou o Congreso de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiduque de Austria, fillo do arquiduque Carlos Luís e sobriño do Emperador Francisco Xosé I. Proxectou unha organización trialista que asociara Croacia, Bosnia, Dalmacia e Eslovenia nun estado iugoslavo vinculado a Austria-Hungría e que reforzase a autoridade da monarquía e da Igrexa. O seu asasinato por un nacionalista serbio o día 8 de xuño, preludiou a Primeira Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO