Fontei, casa grande de
Fontei, casa grande de
Construción situada na Rúa. Fundouna no s XVIII Bernaldo de Quiroga, pero tivo que ser reconstruída trala destrución que sufriu durante a Guerra da Independencia. Ten planta cadrada e patio interior. As fachadas caracterízanse por ter todas elas balcóns. A finca está amurallada e ten a entrada polo O.