"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
PERSOEIRO
Astrónomo, hidrógrafo e matemático. Foi profesor de Hidrografía no Havre (1730) e astrónomo da Académie des Sciences. No 1735 marchou a Perú con Louis Godin e Charles Marie de La Condamine, como director dunha expedición para medir un arco de meridiano. Considérase o creador da Fotometría, e é o inventor do heliómetro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor academicista francés. Obtivo en 1850 o Premio de Roma e pasou catro anos en Italia. Foi entusiasta de Rafael e contrario ás tendencias modernas. Foi un gran retratista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés, máis coñecido polo pseudónimo de Saint-Georges de Bouhélier. Cultivou o ensaio, a poesía e sobre todo o teatro, coa súa obra O entroido dos nenos (1910). Escribiu tamén unha serie dramática de carácter histórico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés influído polo Parnasianismo. Publicou Mélaenis (1815) e obras teatrais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bullabesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que tamén se coñece o reumatismo poliarticular agudo.
-
PERSOEIRO
Médico francés. Foi profesor na facultade de Medicina de París, da que foi decano no ano 1848. É o precursor da obra de Broca no estudo das afasias por lesión cerebral (1825). É tamén autor de traballos moi importantes acerca das afeccións reumáticas do endocardio.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de prateiros que traballou en Santiago. Xoán Boullier (s XVIII), de orixe francesa instalouse en Santiago de Compostela na parroquia da Corticela. Coñécenselle poucas obras: unhas pedras para a esclavina do Santo Apóstolo e un anel para a mesma imaxe. O seu fillo, Xosé Boullier (Santiago de Compostela 1712 - Trascárcel 1792) traballou para a catedral compostelá. Realizou tres imaxes de Santiago en ouro e dúas urnas de prata para as reliquias de santa Amancia e santa Amalia (1779). A súa sona trascendeu fóra de Santiago e foi reclamado para facer a fábrica e estrutura da imaxe de san Pedro G. Telmo, en Tui. Foi tamén gravador. O seu irmán Manuel Boullier (s XVIII) continuou coa tradición familiar. Para a catedral de Santiago de Compostela realizou varias estatuas de Santiago de ouro, encargadas polo cabido para distintas personalidades (1788-1797). Traballou unicamente en Santiago, debido sobre todo a que estes traballos de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Membro da Académie de Médecine e profesor da École Supérieure de Pharmacie, é o autor de Cours de chimie analytique (Curso de química analítica, 1871) e de Traité élémentaire de chimie légale (Tratado elemental de química legal, 1873).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fixador histolóxico composto por unha mestura de solución saturada de ácido pícrico, formol e ácido acético. Fixa ben os lípidos pero ten o inconveniente de que incha un pouco os materiais coláxenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (4.572 km2; 526.900 h [1987]). A súa capital é Bouïra (53.065 h [1987]). Centro comercial, agrícola e artesanal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unha das provincias nas que a administración marroquí dividiu o territorio da antiga posesión española do Sáhara Occidental, despois da ocupación en 1976. Abrangue unha superficie de 100.120 km2.
-
PERSOEIRO
Historiador francés e conde de Boulainvilliers. Moitas da súas obras foron impresas despois da súa morte. É o autor de État de la France (Estado de Francia, 1727) e Essai sur la noblesse de France (Ensaio sobre a nobreza de Francia, 1732), onde defendeu o feudalismo e a orixe xermánica da aristocracia francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político francés. Estudiou na escola militar de Saint-Cyr, participou na defensa de París contra os prusianos (1870), entrou na Asemblea Nacional coa promesa de reformar a Constitución de 1875 e, apoiado por Clemenceau, foi ministro de Guerra (1886-1887). Debido ao seu progama democratizador, aínda que con propostas pouco concretas, gañou a simpatía de todos os descontentos do goberno radical (republicanos, nacionalistas, obreiros e soldados). Os seus seguidores formaron o Comité Republicano Nacional, que venceu nas eleccións parciais de 1888-1889; sen embargo, a Boulanger faltoulle decisión para marchar sobre o Eliseo e tomar as rendas do país malia o apoio das clases populares, os soldados e a policia. O goberno aproveitou esa indecisión para anular as eleccións e acusar de complot contra o estado a Boulanger, quen fuxiu a Bruxelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositora. Realizou estudios musicais no Conservatorio de París e foi discípula da súa irmá Nadia. Gañou o Gran Premio de Roma (1913). Compuxo poemas sinfónicos e cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositora, profesora de composición musical e directora. Realizou estudios musicais no Conservatorio de París. Foi profesora de gran parte dos compositores máis destacados do s XX. Dende 1921 exerceu a docencia no Conservatoire Américain de Fontainebleau.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro complexo de antimonio e chumbo, de fórmula Pb5 Sb4 S11. Cristaliza no sistema rómbico, aínda que está case sempre en masas informes de cor gris e de brillo metálico. Ten dureza 2, 5-3 e peso específico 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caer dando voltas por unha pendente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Ourense. As súas armas levan, en campo de goles, unha roda.
-
CIDADES
Cidade do estado de Colorado, EE UU, nos contrafortes do Front Range (83.312 h [1990]). É un núcleo mineiro, con xacementos de ouro, prata, carbón e tamén centro de ensino superior, sede da University of Colorado, fundada en 1861.
VER O DETALLE DO TERMO