Boulanger, Georges-Ernest
Xeneral e político francés. Estudiou na escola militar de Saint-Cyr, participou na defensa de París contra os prusianos (1870), entrou na Asemblea Nacional coa promesa de reformar a Constitución de 1875 e, apoiado por Clemenceau, foi ministro de Guerra (1886-1887). Debido ao seu progama democratizador, aínda que con propostas pouco concretas, gañou a simpatía de todos os descontentos do goberno radical (republicanos, nacionalistas, obreiros e soldados). Os seus seguidores formaron o Comité Republicano Nacional, que venceu nas eleccións parciais de 1888-1889; sen embargo, a Boulanger faltoulle decisión para marchar sobre o Eliseo e tomar as rendas do país malia o apoio das clases populares, os soldados e a policia. O goberno aproveitou esa indecisión para anular as eleccións e acusar de complot contra o estado a Boulanger, quen fuxiu a Bruxelas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Rennes, Bretaña -
Deceso
Lugar : Bruxelas