"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Cavidade, xeralmente natural, producida nunha rocha ou no flanco dun terreo montañoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á gruta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queixo orixinario da comarca suíza de Gruyère. É semiduro, feito con leite de vaca parcialmente desnatado e salgado superficialmente, e presenta uns buracos pequenos moi característicos. A miúdo recibe o nome de emmental, pero este ten os buracos máis grosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motivo decorativo baseado en figuras humanas deformes e caricaturescas ou en seres monstruosos en posición de danza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo alemán. Representante do teatro barroco, nas súas obras presenta a vitoria do home sobre o caos universal. É autor de Leo Armenius (1646), Catharina von Georgien, Cardenio und Celinde (1657) e Peter Squentz (1663).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra histórica de Diego Hurtado de Mendoza, publicada en 1697, na que se relatan as campañas dos exércitos de Filipe II durante a Revolta das Alpujarras (1568-1570). Ten un importante valor histórico ao tratarse dunha obra cun grande espírito crítico que contrasta coa versión oficial dada noutras obras da época sobre o mesmo tema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Miragres de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 960? - Maillezais 1030) Duque de Aquitania (964-1030) e conde de Poitiers. Intitulouse a si mesmo duque de toda a monarquía de Aquitania, de tal xeito que acentuou a súa independencia do poder real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Greta Garbo, traballou en Suecia, en Alemaña e sobre todo en Hollywood. Actriz sensible, encarnou a personaxe de muller fatal misteriosa e enigmática. Participou en diversas películas, entre as que destacan Flesh and the Devil (1926), Mata-Hari (1931), Queen Christina (1933), Anna Karenina (1935), Ninotchka (1939) ou Two-Faced Woman (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da química que se encarga do estudo dos sales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s III a C) Xeneral cartaxinés. Líder do partido aristocrático de Cartago, loitou contra os mercenarios rebeldes (241 a C-238 a C). Enfrontouse aos barquidas, mantivo unha política de amizade con Roma e opúxose ás campañas de Aníbal. Interveu na negociación da paz cos romanos despois da Batalla de Zama (202 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito que se dá na transcrición de textos e que consiste nun salto dunha a outra letra, sílaba ou palabra, que se repite a pouca distancia con omisión das intermedias. É a manifestación escrita da haploloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á haplografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Inventor inglés. Foi fiador de Standhill, en 1764 inventou a spinning-jenny, primeira máquina fiadora, que traballaba manualmente, que podía fíar distintos fíos ao mesmo tempo. Nos anos seguintes construíu algunhas spinning-jenny que foron destruídas en 1768. Trasladouse a Nottingham, onde instalou unha pequena fábrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo estadounidense. Partidario da teoría neuronal de Cajal e de His, en 1907 logrou obter un cultivo de células nerviosas e demostrou experimentalmente que os axóns medran a partir das neuronas. Foi tamén un dos pioneiros no transplante de tecidos e de órganos nos seus experimentos con embrións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Biografía dun santo. Adoita incluír os feitos excepcionais da súa vida, ás veces detalles do seu martirio e os milagres que manifestan a súa santidade. Varían segundo as intencións do autor, do xénero literario ou dos fins que se perseguen (lectura privada, panexíricos, uso oficial, litúrxico, etc). Os primeiros documentos haxiográficos datan do s II e son actas de mártires. No s IV comezaron a aparecer vidas de confesores e ascetas. A partir do s VIII aparecen abondosos textos haxiográficos na Península Ibérica, como Vita S. Rudesindi, de Ordoño, monxe de Celanova no momento de intensificación do culto de san Rosendo -que culmina coa súa canonización (1172)-, que tiña como fin a procura de prestixio para un mosterio que o bispo e Dumio fundara en vida (907-977). Na práctica litúrxica escribíanse as vidas dos santos do día, que se reuniron nos leccionarios, menoloxios e sinaxarios; tamén se recollen na Legenda Aurea de Iacobo da Varazze (s XIII) ou no Martiroloxio...

    2. Composición laudatoria sobre alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á haxiografía ou aos libros bíblicos que aparecen nas haxiografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que trata de temas haxiográficos.

      1. libros haxiógrafos

        Nome co que se designan os libros sapienciais da Biblia ou Ketubim.

      2. Autor dalgúns dos libros da Biblia.

    2. Persoa que realiza haxiografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de reprodución de documentos no que o orixinal, mecanografado cunha tinta especial ou en papel carbón, é comprimido sobre unha capa de xelatina que pode servir de modelo para un certo número de copias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de masa que equivale a cen gramos.

    VER O DETALLE DO TERMO