"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Outes. Foi construída a mediados do s XVIII baixo o padroado do marqués da Sierra. De estilo barroco, ten planta de cruz latina e está construída en cantaría. Sobre a porta da fachada atópase a fornela de san Pedro. Destaca a torre anexa, de estilo barroco e con tres corpos ornamentados con pilastras estriadas e balaustradas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen outorga.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Negueira de Muñiz baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. Activo entre 1430 e 1460, introduciu o estilo de J. van Eyck en Holanda. Destacou como paisaxista. Pintou a Resurrección de Lázaro (1450?-1460) e probablemente un San Miguel e un San Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e director chinés. Foi un dos fundadores do teatro de estilo occidental, e o autor dunha versión moderna do drama poético O abano de flor de pexego, de Gong Shanren (1648-1718), e da obra Flor de pexego e a nena, sobre o amor dos mozos na China antiga.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Estrada. Construída no s XII, foi reedificada en 1781. Ten unha soa nave, fachada moderna e conserva a ábsida semicircular orixinal románica. No seu interior destaca a bóveda de canón e no fondo da nave ten un Agnus Dei sobre o testeiro cunha cruz de palmas. Na parte L obsérvase o escudo da Santa Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión natural de Namibia, situada no N do país, na fronteira con Angola. A capital é Ondangua. Está habitada polos ovambos e nela viven case dous terzos da metade da poboación de Namibia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Aristócrata, en 1501 foi nomeado gobernador das Indias co fin de pacificar La Española e impoñer a autoridade real. Introduciu o réxime de encomenda dos indios, utilizando o seu traballo como base para a economía mineira complementada posteriormente co desenvolvemento da agricultura e da gandaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor alemán. Formado na Academia de Viena (1806-1810), en 1810 estableceuse en Roma, onde fundou a escola dos nazarenos, e puxo a súa arte ao servizo da Igrexa Católica. O seu estilo baseouse en Rafael e representou a perduración da plástica pictórica neoclásica, aberta, pola contra, a unha temática dun certo romanticismo. Colaborou na decoración ao fresco da stanza Bartholdy (1816-1818) e do casino Massimi de Roma (1828). Cultivou o retrato e pintou O triunfo da relixión nas artes (1840).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta noruegués. Membro do grupo marxista Mot Daq, comezou escribindo coleccións de poemas de ton malicioso, como De hundrede violiner (Os cen violíns, 1912). Da súa obra destacan Brød of vin (Pan e viño, 1924), Den røde front (A fronte vermella, 1937), Ord i alvor til det norske folk (Palabras graves do pobo noruegués, 1940), Vi overlever alt (Sobreviviremos a todo, 1945) e Tilbake til livet (Retorno á vida, 1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Ovidio.
-
PERSOEIRO
Mártir. Dubidouse da súa autenticidade. Na iconografía represéntase como un lexionario romano cunha espada cravada no cranio polo seu suposto martirio. A súa festividade celébrase o 23 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bibliotecario e escritor. Foi xefe da biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela e vicesecretario da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Escribiu, ademais de diversas biografías, Manual de biografía y de bibliografía de los escritores españoles del siglo XIX (1859), Al Batallón de Literarios: Romance histórico (1875) e Hijos ilustres de la Universidad de Santiago (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ajmag de Mongolia (62.900 km2; 116.900 h [estim 1998]). A súa capital é Arvajcheer (12.300 h [1979]).
-
MACIZO
Macizo montañoso de Nova Guinea, Papua Nova Guinea, situado no SL da illa. Acada a súa altura máxima no monte Vitoria, a 4.047 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista galés. Considerado un dos novelistas máis importantes do seu país, anticipou a técnica da análise psicolóxica. Destacan as súas obras Y Dreflan (1881), Rhÿs Lewis (1888), Enoc Huws (1891) e Gwen Tomos (1894), que reflicten a vida social do nordés de Gales.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta estadounidense. Coñecido como Jesse Owens, foi especialista nas probas de velocidade e en salto de lonxitude. En 1935 estableceu unha marca de salto de lonxitude (8,13 m) que non foi batida ata 1960. Conseguiu catro medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de Berlín (1936), nas probas de 100 m, 200 m, 4 x 100 m remudas e salto de lonxitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto heterocíclico saturado que consiste nun anel carbonado de catro membros que contén un átomo de osíxeno. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Piso do Malm, ou Xurásico Superior, que xace sobre o Caloviano e baixo o Kimmeridxiano. O estratotipo son as margas negras de Oxford.