Outes, San Pedro de

Outes, San Pedro de

Igrexa parroquial situada en Outes. Foi construída a mediados do s XVIII baixo o padroado do marqués da Sierra. De estilo barroco, ten planta de cruz latina e está construída en cantaría. Sobre a porta da fachada atópase a fornela de san Pedro. Destaca a torre anexa, de estilo barroco e con tres corpos ornamentados con pilastras estriadas e balaustradas.