"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Oblast’ de Rusia (39.600 km2; 1.298.600 h [estim 1999]). A súa capital é R’azan’

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sadurnín (Cenlle). Ten planta en forma de U. Polas dúas ás do patio atópase unha solaina á que se accede por unha escaleira exterior situada nun extremo. Na parte posterior hai outra solaina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cedrón (Láncara). Segundo unha inscrición, construíuse en 1734. De planta cadrada e de grandes dimensións, destaca a fachada cunha porta arquitrabada sobre a que se sitúa o escudo. Destaca o patio interior sobre arcos de medio punto. Conserva unha capela anexa de planta rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • casa do Pacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Ten planta en forma de L, cunha torre do s XIX nun dos seus extremos. Na parte baixa presenta un soportal e na fachada oeste unha balconada de madeira. O acceso ao recinto realízase a través dun portón arquitrabado que remata en pináculos e nunha cruz de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sada. Realizada en cachotaría, agás os ocos e as arestas que se fixeron en cantaría, o conxunto sufriu un incendio e algunha parte da primitiva obra non foi reconstruída. A súa orixe atópase na torre do s XV á que se engadiu un corpo rectangular, cunha escaleira exterior que dá acceso á planta nobre. Conserva un balcón de pedra erixido sobre ménsulas de granito. O recinto está amurallado e no portón hai un escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten ou mostra moita intuición, astucia e habilidade para descubrir o que está oculto.

    2. Que ten moita habilidade para descubrir as presas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e mineraloxista. Foi o primeiro director da Escola das Minas (1783). Publicou numerosos traballos de química, xeoloxía e mineraloxía e difundiu a obra de Romé de l’Isle. Rexeitou as novas teorías de Lavoisier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Loire Atlántico, na rexión de País do Loire, Francia, situada na desembocadura do río (65.874 h [1999]). Unida a Nantes mediante unha canle, é o anteporto desta cidade e ten os estaleiros máis importantes de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista e compositor. Formouse no Conservatorio de Madrid. Estreou mundialmente o Concierto de Aranjuez, de J. Rodrigo. Ademais compuxo Boceto andaluz, Alegrías, Meditación, Estudios e Canciones y danzas castellanas, entre outras pezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é luxurioso ou lascivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, trece estrelas de prata, de oito raios, colocadas en tres paus de catro, cinco e catro. Outra trae, en campo de ouro, trece estrelas de goles, colocadas en tres paus de catro, cinco e catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor salvadoreño. Coñecido como Salarrué, dedicouse sobre todo ao relato. Publicou Cuentos de barro (1933), Trasmallo (1954), Cuentos de cipotes (1958) e La espada y otras narraciones (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Coñecido como Rafael Farina, realizou diversos espectáculos como El cante ya tiene rey (1956) e Arte español (1968). Participou nos filmes Café de chinitas, Puente de Coplas e La Copla andaluza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político portugués. Catedrático de Economía na Universidade de Coimbra, foi deputado (1921) e, tras o golpe de estado de 1926, converteuse en ministro de Facenda, pero dimitiu pouco despois. Chamado novamente polo presidente António Óscar de Fragoso Carmona (1928), nun ano equilibrou o orzamento estatal e desenvolveu unha política de austeridade que levou ao país ao estancamento. Converteuse en primeiro ministro en 1932 e inspirou a Constitución de 1933, que estableceu o Estado Novo con fundamentos corporativistas, nacionalistas e autoritarios e instaurou unha férrea ditadura. Apoiou ao bando franquista na Guerra Civil Española e durante a Segunda Guerra Mundial mantivo neutral Portugal. As guerras pola independencia das coloniais iniciadas en 1961 levaron ao país á bancarrota. Enfermo, en 1968 foi substituído polo seu ministro Marcelo José das Neves Caetano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Foi bispo de Coria (1713-1716) e arcebispo de Santiago de Compostela (1716-1722) e Sevilla (1722-1739).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista brasileiro. Escribiu novelas de carácter social, das que destacan Cascalho (1944), Dados biográficos do finado Marcelino (1965), Histórias ordinárias (1966), Uma telha de menos (1970), O fruto do vosso ventre (1976), Rebanho do ódio (1995) e A prostituta (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pazo da Laxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vilalba. Está formada por un corpo rectangular ao que se lle engadiu un saínte, cunha escalinata barroca. Segundo a topografía do terreo, ten unha planta na zona de abaixo e baixo e andar no lado oposto. Conserva un torreón. A fachada é de cantaría e conserva un brasón coas armas dos Osorio, Ulloa e Aguiar. A primitiva edificación pertenceu ao mariscal Pardo de Cela e foi derrubada daquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Cibrao das Viñas. Ten dúas alturas cunha planta que se achega ao formato rectangular no exterior pero cunha estrutura interna que remite a unha escuadra, cun patio nun ángulo, rodeado por unha galería e unha escaleira exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO