Sabarís, pazo de
Sabarís, pazo de
Construción situada en Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Ten planta en forma de L, cunha torre do s XIX nun dos seus extremos. Na parte baixa presenta un soportal e na fachada oeste unha balconada de madeira. O acceso ao recinto realízase a través dun portón arquitrabado que remata en pináculos e nunha cruz de pedra.