Sabardés, San Xoán de ou San Xián de Sabardés
Sabardés, San Xoán de ou San Xián de Sabardés
Antigo mosteiro beneditino situado no Freixo de Sabardés (Outes). Ten a súa orixe nun oratorio arruinado no s XI que reedificou o conde Pedro Froilaz. Foi priorado de San Paio de Antealtares e despois de San Martiño Pinario. Consérvase a igrexa, reformada no s XVII, e algunhas dependencias monacais que forman a casa reitoral.