"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Revista aparecida en xaneiro de 1985 en Lugo. Coordinouna o colectivo Espacios, pertencente ao Colexio Universitario lugués. Centrada na poesía, incluíu artigos de historia, ecoloxismo e arte. Entre os seus colaboradores figuran escritores, case todos pertencentes ao colectivo AGAL.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten moito espacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao espacio-tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción nuclear en que partículas de grande enerxía inciden sobre un núcleo co que provocan a emisión dun gran número de nucleóns individuais. O núclido residual ten un número atómico e másico bastante inferiores aos do primitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de españolizar ou españolizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación de novas especies. Prodúcese cando se interrompe o fluxo xenético dentro dun pool común debido a algún mecanismo de illamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de especializar ou especializarse.

    2. Fenómeno semántico que consiste en restrinxir ou especializar o sentido xeral dunha palabra. É unha das causas fundamentais do cambio semántico. É moi frecuente nos dobretes patrimonial/culto existentes na lingua, xa que as formas populares supoñen sempre unha limitación do contido semántico dos vocábulos latinos: comungar/comunicar. Independentemente deste proceso, tamén existe especialización, por exemplo, en SĔCĀRE ‘cortar’ > segar. Afecta en moito menor medida aos cultismos: consorte ‘esposo’ procede do latín CONSŎRTE ‘compañeiro con outro na súa sorte, copropietario’. OBS: Tamén se denomina restrición de significado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de especificar.

    2. Descrición dos requisitos de equipos e aplicacións que debe posuír un sistema para que un elemento que se engada ou instale nel funcione correctamente.

    3. Definición das características esixidas a un produto ou servicio, como os niveis de calidade ou de comportamento, a seguridade e as dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que  aínda que ten aparencia de verdade conduce a erro, especialmente referido aos argumentos.

    2. Que resulta enganoso.

    3. Que é fermoso e belo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pensamento creador que non só recibe os datos da experiencia senón que penetra a priori ata os seus fundamentos. Investiga a esencia íntima do experimentalmente captado ata chegar ao ser metafísico e facer visibles as leis absolutas da esencia e do ser. A especulación sérvese fundamentalmente do coñecemento esencial.

    2. Opinión ou xuízo que se basea en certos indicios ou sinais que non se coñecen con seguridade.

    3. Operación efectuada en previsión dunha modificación na estrutura dos prezos, co fin de obter ganancias extraordinarias. Este tipo de operación, que sempre leva consigo un risco, efectúase no proceso de distribución e distínguese das operacións ordinarias de compravenda porque non responde á satisfacción de ningunha necesidade concreta do suxeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gameto inmóbil, xeralmente de forma arredondada ou bacilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disposición espacial en espiral do ácido desoxirribonucleico dos cromosomas.

    2. Enrolamento do cromosoma, cromátida ou filamento cromosómico na mitose ou na meiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de espiritualizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de espoliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos esponsais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción de esporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de esquematizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado na asemblea do 28 de outubro de 1995 no Carballiño, que reuniu un colectivo de independentes no seo do BNG, creado co mesmo nome tres anos antes (4 de abril de 1992). Inscribiuse ideoloxicamente dentro do socialismo democrático e tiña como secretario xeral a Alberte Xulio Rodríguez Feixóo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estabilizar ou estabilizarse.

    2. Aplicación de medidas de política económica para evitar desaxustes graves nas magnitudes económicas. As medidas máis aplicadas son as de tipo monetario, pero pódense exercer tamén controis directos sobre o investimento, o consumo, a ocupación, o comercio exterior, e fiscais para superar os desequilibrios tanto por exceso como por defecto. Trala Segunda Guerra Mundial, a maioría dos gobernos aplicaron plans de estabilización para frear os procesos de inflación e deflación acumulativos inherentes ao desenvolvemento.

    3. Proceso que se realiza para inactivar os fermentos que hai nas raíces e nas follas das plantas medicinais e que, durante o tempo de desecamento destas, poderían descompoñer os seus principios activos.

    4. Operación que se realiza para eliminar a posibilidade de descomposición dunha mestura ou dun composto, mediante a adición dunha substancia chamada estabilizador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de estabular.

    VER O DETALLE DO TERMO