especialización

especialización

(

  1. s f

    Acción e efecto de especializar ou especializarse.

  2. s f [LING]

    Fenómeno semántico que consiste en restrinxir ou especializar o sentido xeral dunha palabra. É unha das causas fundamentais do cambio semántico. É moi frecuente nos dobretes patrimonial/culto existentes na lingua, xa que as formas populares supoñen sempre unha limitación do contido semántico dos vocábulos latinos: comungar/comunicar. Independentemente deste proceso, tamén existe especialización, por exemplo, en SĔCĀRE ‘cortar’ > segar. Afecta en moito menor medida aos cultismos: consorte ‘esposo’ procede do latín CONSŎRTE ‘compañeiro con outro na súa sorte, copropietario’. OBS: Tamén se denomina restrición de significado.

Refráns

  • Non sabe a costureira para que se f¡xo a peneira.
  • Pedreiro de pico non chega a rico; de cotás, quizás quizás.

Palabras veciñas

especial | especialidade | especialista | especialización | especializar | especie | especie