especialista
especialista
(< especial)
-
adx e s
-
Que ou quen ten coñecementos profundos sobre unha determinada materia.
Ex: É arquitecto especialista en restauración. Necesitan un especialista en literatura medieval.
-
Aplícase ao médico que se dedica a unha determinada especialidade.
Ex: É un médico especialista en enfermidades da pel. Como me doe moito o pé vou ir ao especialista.
-
-
s
[IMAX]
Persoa que, nas rodaxes de películas, substitúe os actores e actrices nas escenas perigosas ou nas que requiren certa habilidade.