"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Físico e inventor italiano. Estudou en Florencia e foi profesor nas universidades de Boloña (1864), Caller (1873) e Pisa (1882). Estudou a produción de correntes eléctricas e en 1859 ideou unha máquina de corrente continua provista dun inducido anular (ideado independentemente tamén por Z. T. Gramme), coñecido como o anel de Pacinotti ou anel de Gramme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Toiriz (Pantón). Construída no s XVIII en cantaría miúda con reforzos nas esquinas, ten planta rectangular. Na fachada destaca a solaina e a torre ameada, ademais do escudo situado no muro de peche do terreo. Nos seus arredores sitúase unha capela datada en 1714 que conseva un retablo rococó no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe. Iniciador do cenobitismo, fundou en Tebaida o mosteiro do Tabennesi (320?). O grupo de discípulos que o seguiron foi tan numeroso que deu lugar ao nacemento de nove mosteiros masculinos e un feminino. Os seus escritos, conservados en grego, copto, latín e árabe, céntranse nas Regras, as Prescricións, as Prescricións e Institucións, as Prescricións e Sentencias e as Prescricións e Leis, e sentaron as bases principais da vida monástica. A súa festividade celébrase o 14 de maio na Igrexa Latina e o 15 de maio na Igrexa Grega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Sumatra Occidental, Indonesia (739.500 h [1996]). Sitúase na costa occidental da illa de Sumatra, na desembocadura do Aran, nunha baía ben protexida que contribuíu á importancia do seu porto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e político polaco. Alumno do conservatorio de Varsovia, rematou a súa formación en Berlín e Viena, para logo desenvolver a súa música por todo o mundo. En 1919 foi nomeado presidente do Consello de Ministros e ministro de Asuntos Exteriores e representou ao seu país no Tratado de Versailles, aínda que en 1921 se retirou da vida política. Foi autor das operetas Manru (1901) e Sakuntala, dunha sinfonía, dun concerto para piano e de pezas curtas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixiosa. Fundou, xunto co seu esposo, o conde Hermenxildo, o mosteiro de Santa María de Sobrado, e foi protectora de san Pedro de Mezonzo. É avogosa das neuropatías e males estraños, para o que moitos devotos pasan a man pola súa sepultura ou collen terra para conseguir curacións especiais. A súa festividade celébrase o domingo seguinte ao 24 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cesuras. Datada no s XVII, ten planta rectangular cunha soa nave e ábsida rectangular. Entre a nave e o presbiterio hai dous arcos de medio punto. No interior destaca un retablo barroco de madeira policromada dedicado ao Apóstolo Santiago. Ten o campanario illado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Traballou en Viana da Foz do Lima (1525-1561) e estivo vinculado ao mecenado artístico dos señores de Caminha. Situouse artisticamente entre o Renacemento e o manierismo, e o seu estilo caracterizouse polo bo deseño, a composición alongada e a apertura ao realismo do retrato. Pintou Nossa Senhora da Misericórdia e varias táboas para retablos como Lavatório dos pés (1533-1534).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Doutor en Literatura Inglesa pola University of Edimburg e en Literatura Española e Hispanoamericana pola Universidad de Salamanca, pertence ao grupo literario Crack, xunto a Jorge Volpi. Na súa obra pretende loitar contra a mala imitación do realismo máxico e a vulgarización da literatura hispanoamericana. É autor de Subterráneos (1990), La catedral de los ahogados (1994, Premio Juan Rulfo), Amphitryon (2000, Premio Primavera de Novela), Las tormentas del mar embotellado (2000, Premio Nacional de Literatura Infantil de México) e Las antípodas y el siglo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre. Desconforme con Carlos I, uniuse ás Comunidades de Castela en 1519. Nomeado xefe das milicias de Toledo e capitán xeneral das tropas comuneiras (1520), ocupou Medina del Campo e Tordesillas. Cando xurdiron diferenzas entre os comuneiros, defendeu a continuacion da loita pero foi derrotado en Villalar e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Realizou estudos no Círculo de Bellas Artes e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, e en Italia. O seu estilo evolucionou desde o realismo intimista ata obras de temas ambiguos e representacións case inaprensibles de temática mitolóxica ou literaria, influenciada pola súa estadía en Italia onde descubriu o Renacemento para o conxunto da súa obra. Destacan Vida, muerte y resurrección de Virginia Wolf, El nacimiento, El ciclo del amor e La primavera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Delegado en Santiago de Compostela e Ferrol de El Ideal Gallego (1958), foi redactor en ABC (1966) e redactor xefe en Norte Express (1967) e La Voz de Galicia (1968). Dirixiu El Ideal Gallego (1985-1988) e foi xefe de prensa da Universidade da Coruña (1990-2004). Das súas obras destacan Los cinco años coruñeses de Pablo Ruiz Picasso (1991), Crunia: puerto de peregrinaciones (1993), La Coruña, sus barrios y sus calles (1997) e Pazo de Lóngora (2000). É membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes e membro do Instituto José Cornide. Obtivo a Medalla de Galicia (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi deputado no Parlamento de Galicia na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Galega (CG), voceiro de UCD na Comisión do Estatuto dos 16 e conselleiro de Sanidade (1987-1990). Foi vicepresidente de CG e presidente da Unión Comercial Empresarial Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemático e filatélico. Publicou Los enteros postales españoles del siglo XIX, Enteros postales de España (1873-1973), Dicionario de filatelia (1996) e a versión anotada Los sellos de correos de España y sus colonias (1991), da obra de R. Friederich Die Postwertzeichen Spaniens und seiner Kolonien.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Desde 1950 formou parte, co escultor Martín Chirino e o pintor M. Millares, dun grupo de vangarda insular, que en Madrid se integrou no grupo El Paso. Promoveu a creación da Academia Canaria de la Lengua, da que foi vicepresidente. Das súas obras destacan Oí crecer las palomas (1955), A la sombra del mar (1962), Una bebida desconocida (1986), Para mayor gloria (1997) e Hacia otra realidad (2000). Recibiu o Premio Canarias de Literatura (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Padrenda. Construída en estilo barroco entre finais do s XVII e XVIII, ten nave única e ábsida rectangular. A capela maior e a sancristía teñen cuberta de madeira. Na fachada principal destaca a espadana de dous vans, rematada nun corpo piramidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sanxenxo baixo a advocación de san Xenxo, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Padriñán (Sanxenxo). Ten planta rectangular con baixo e piso, ao que se engadiron dous anexos que conformaron un patio interior. A fachada principal, rematada na esquina cunha torre con ameas, ten dous escudos de armas e un balcón. A lateral esquerda ten dúas gárgolas e dous balcóns. Na horta hai un hórreo e un pombal de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Padroado fundado para a defensa da imaxe do Apóstolo Santiago como patrón de España. A súa orixe vinculouse ao s IX e desde o s XII desenvolveu un perfil militar, como consecuencia da fundación da orde militar de Santiago. Tradicionalmente, a súa defensa vinculouse aos grupos sociais máis conservadores, mentres que os liberais optaban por un padroado estatal encabezado por santa Tareixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Padrón. Edificouse sobre un antigo templo románico do s XII construído polo bispo Xelmírez, e con posterioridade substituíuse por outra igrexa de estilo gótico, en tempos do bispo Lope de Mendoza, que tampouco se corresponde co edificio actual. No s XIX reedificouse en estilo neoclásico. Do templo románico consérvase unha inscrición do Evanxeo situada nun dos muros da nave, e un púlpito gótico. Ten planta única de cruz latina. Na fachada destacan catro pilastras xónicas que sosteñen o frontón. No seu interior, debaixo do altar maior, destaca o pedrón no que a lenda conta que os discípulos de Santiago ataron a barca cos restos do Apóstolo.

    VER O DETALLE DO TERMO