Pacio, casa grande do

Pacio, casa grande do

Construción situada en Toiriz (Pantón). Construída no s XVIII en cantaría miúda con reforzos nas esquinas, ten planta rectangular. Na fachada destaca a solaina e a torre ameada, ademais do escudo situado no muro de peche do terreo. Nos seus arredores sitúase unha capela datada en 1714 que conseva un retablo rococó no seu interior.