Pacio, casa do

Pacio, casa do

Construción situada en Sabadelle (Chantada). Datada no s XVIII aínda que con reformas posteriores, ten planta case cuadrangular cun patio interior amodo de claustro, rodeado dun corredor con balaustrada. Tamén presenta unha solaina e unha capela acaroada ao lado norte da vivenda. Na fachada principal destaca un escudo coas armas de X. López Varela e Isabel Mosquera Ulloa.