Pacio, casa do

Pacio, casa do

Construción situada en Trabada. Ten planta en foma de L e dous andares, cunha torre de tres alturas nun dos extremos da construción. Está realizada en cachotaría e na fachada destaca un escudo de armas. No interior da torre consérvanse zócolos decorados con grecas de cores.