Pacino, Alfredo James

Pacino, Alfredo James

Actor cinematográfico. Coñecido como Al Pacino, converteuse nun dos intérpretes máis afamados de Hollywood ao protagonizar a triloxía de F. F. Coppola The Godfather (1972), The Godfather, Part II (1974) e The Godfather, Part III (1990). Entre 1985 e 1989 afastouse de Hollywood pero produciu, escribiu, interpretou e codirixiu The Local Stigmatic (1989), un filme de vangarda. Destaca a súa participación nos filmes Serpico (1974), Cruising (1980), Scarface (1983), Frankie and Johnny (1991), Glengarry Glen Ross (1992), Scent of a Woman (1992, Oscar ao mellor actor 1993), Carlito’s Way (1993), Heat (1995), City Hall (1996), Chinese Coffee (2000) e The Merchant of Venice (2004). Recibiu o Leone d’Oro honorario (1994) e o Premio Donostia (1996) en recoñecemento á súa carreira.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nova York