"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que ou quen amosa pouca intelixencia e obra sen habilidade ningunha.

    2. Que ou quen carece de educación e actúa con modais rudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Padua (Italia) ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Padua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Foi mestre de capela en Venecia e Dresden, director de orquestra do teatro italiano de París e director de música da corte de Napoleón (1807-1812). Fíxose célebre coas óperas Camilla (1799), Eleonora (1804) e Le maître de chapelle (1821), ademais de realizar dous oratorios, cantatas e diversas composicións instrumentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Mindanao, Filipinas, situada na beira da baía Illana (106.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Myanmar, actualmente en ruínas, na beira do río Irauadi, ao SO de Mandalay. Fundada en 847, foi a capital da Birmania independente ata 1298, cando a tomaron os mongois. En 1826 foi escenario dunha batalla entre ingleses e patriotas birmanos, que foron derrotados por aqueles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao paganismo.

    2. Que ou quen é contrario á relixión cristiá.

    3. Que ou quen adora falsos deuses, por oposición ás tres relixións monoteístas: cristianismo, xudaísmo e islamismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista e compositor italiano. Desde moi novo desenvolveu unha técnica de violín propia, e en 1790 compuxo a súa primeira sonata. Esta técnica baseábase no xogo do arco, o emprego dos harmónicos simples e dobres, e a facilidade para interpretar obras enteiras cunha soa corda. Actuou por toda Europa e acadou éxitos sinalados con obras propias, como os concertos para violín e orquestra, as sonatas e variacións para violín e guitarra e tres cuartetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guido Mazzoni.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Fundador do Jornal de Belas-Artes e do Arquivo Universal, a súa obra Contos do tio Joaquim (1861) é unha das obras máis lidas da literatura portuguesa do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relixión dos pagáns.

    2. Condición de pagán.

    3. Conxunto dos pagáns que aínda non recibiron a fe evanxélica. Na historia das relixións a palabra refírese ás relixións nacionais dos gregos e dos romanos nos primeiros tempos do cristianismo.

    4. Tendencia paganizante na Idade Moderna. OBS: Tamén se denomina neopaganismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de paganizar ou paganizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo ou alguén adquira carácter pagán.

      1. Comportarse como un pagán.

      2. Converterse en pagán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, xurista e patriota. Loitou pola República Partenopea e formou parte do seu goberno provisorio. Publicou un ensaio de lexislación romana, Nomotesia (1767), pero a súa obra máis importante é Saggi politici dei principi, progressi e decadenza della società (1785), tratado orgánico de filosofía histórica con concepción cíclica do mundo primitivo e con influencias da escola escocesa e dos ilustrados franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Dirixiu a revista Casabella (1930-1943). Foi secretario rexional do grupo turinés do MIAR e colaborou con M. Piacentini na facultade de física da Cidade Universitaria de Roma (1934) e na Exposición Internacional de París (1937). Militante antifascista encadrouse nas unidades Matteotti de Milán. Encarcerado, morreu no campo de concentración de Mauthausen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Malaisia formado pola confluencia dos ríos Jelai e Tembeling (400 km). Desemboca no mar da China Meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Malaisia (35.965 km2; 1.288.376 h [2000]). A súa capital é Kuantan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran lago de Finlandia meridional, tributario do golfo de Finlandia a través do río Kymijoki (1.443 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen presenta expresións, maneiras ou modos pouco finos ou refinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mártir. Foi prendido e martirizado (925) polos musulmáns, e tras a súa morte trasladaron as súas reliquias a Asturias. O seu tío fixo construír en Albeos (Crecente) un mosteiro na súa honra. Represéntase como un rapaz e viste unha túnica curta e cinxida, aínda que pode levar tamén túnica talar e manto. Como atributos persoais leva no pescozo tenaces de ferro, tesoiras ou alfanxe árabe, a palma do martirio e a azucena da pureza. A súa festividade celébrase o 26 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. As súas paisaxes, realizadas á acuarela, destacan pola súa concreción, polo seu cromatismo e por reflectir a nitidez a realidade visible. En Pontevedra colaborou con ilustracións na revista Spes e da súa obra destaca O Tambre (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO