Paio, san
Paio, san
Mártir. Foi prendido e martirizado (925) polos musulmáns, e tras a súa morte trasladaron as súas reliquias a Asturias. O seu tío fixo construír en Albeos (Crecente) un mosteiro na súa honra. Represéntase como un rapaz e viste unha túnica curta e cinxida, aínda que pode levar tamén túnica talar e manto. Como atributos persoais leva no pescozo tenaces de ferro, tesoiras ou alfanxe árabe, a palma do martirio e a azucena da pureza. A súa festividade celébrase o 26 de xuño.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Crecente