"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Mestre. Defensor dos ideais socialistas, fundou en Mosteiro a Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Pol y sus Contornos, baixo os auspicios da UGT. Redactou os regulamentos e estatutos deste novo partido, legalizado o 2 de outubro de 1933. Foi correspondente do xornal La Voz de la Verdad e escribiu o folleto pedagóxico Didáctica modernista (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Palma de Mallorca ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Palma de Mallorca.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Colaborador de publicacións como Serra d’Or e El Pont, destacan as suas obras poéticas Lotus (1972), L’aneguet lleig (1977) e El porxo de las mirades (1982, Premi Carles Riba). Como narrador publicou a triloxía El jardí dels set crepuscles (1989, Premi Joan Creixell, Premi Serra d’Or e Premio Nacional de la Crítica 1990), o libro de contos Contes per a vells adolescents (1998, Premi Víctor Català 1997), El Quincorn (1998, Premi Sant Jordi) e o libro de aforismos Els proverbis (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi un dos máis importantes representantes do pop art en Portugal. Posteriormente evolucionou cara a unha figuración esquemática e de intenso colorido. Comezou a expoñer en 1963.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e tratadista de arte. Pintou ao óleo e tamén ao fresco. Traballou no coro da igrexa de San Esteban de Salamanca (1707) e na cartuxa de Granada (1712). Publicou Museo pictórico y escala óptica (1715-1724) e pintou Inmaculada e diversos frescos como os das igrexas de Sant Joan del Mercat e Nostra Senyora dels Desamparats de València.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que palpita ou latexa.
-
Que ten ou provoca un vivo interese ou unha forte emoción.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Despois dunha viaxe a América adoptou a defensa dunha tradición humanística relixiosa contra o materialismo e a influencia estadounidense nos costumes de Dinamarca. Escribiu as novelas De vestlige veje (Os camiños occidentais, 1922), Søgelys (Proxector, 1923), Fugle omkring fyret (Os paxaros ao redor do faro, 1925), Markerne modnes (Os campos maduran, 1927), Jørgen Stein og hans kreds (O círculo de Jorgen Stein, 1932-1933) e Dråbespil (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor danés. Partiu dunha etapa romántica en que desenvolveu un estilo moi semellante ao de H. Heine, L. Musset e Lord Byron. Desta época destacan Raab til Polen (Berro a Polonia, 1831), Danserinden (A bailarina, 1833) e Amor og Psyche (Amor e Psique, 1834). A súa evolución cara a unha poesía amorosa e mitolóxica, antirromántica e ás veces pesimista, veu marcada polo poema épico satírico Adam Homo (1841-1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia de linguas do phylum australino que inclúe, entre outras, o dyirbal e o nyunga.
-
PERSOEIRO
Escritora. De ideoloxía marxista, foi dirixente das Joventuts Unificades de Catalunya (1937) e fundadora da Aliança Nacional de la Dona Jove (1937-1939). Exiliada en París, Praga e nalgúns países americanos, é autora de obras de carácter autobiográfico, como Quan èrem refugiats (1975); crónicas de viaxe, como Nadal a Porto (1995, Premi de les Lletres Catalanes); novelas de fición, como Segrest amb filipina (1986); e ensaios, como Cròniques de nàufrags (1976) e L’art d’envellir (2002). Recibiu o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (2001) ao conxunto da súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
1pampo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2pampo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
pan relado
Pan esmiuzado que se emprega para rebozar alimentos.
-
Produto que resulta da cocción dunha masa constituída por unha mestura de fariña, auga, sal e fermento, despois de sometela a un proceso de fermentación para conseguir unha esponxosidade máis ou menos acentuada, segundo o tipo de pan. As primeiras testemuñas arqueolóxicas da transformación do trigo en fariña datan de hai 8.000 anos; o tipo de pan máis primitivo non era máis que unha masa cocida, sen fermentar e en forma de galleta. O descubrimento da fermentación atribúese aos exipcios, posto que ao redor do 2600 a C facían o pan con métodos esencialmente semellantes aos actuais. Normalmente, o pan faise con fariña de trigo, dado que esta é a única fariña que contén unha materia proteica peculiar, insoluble e capaz de absorber auga ata triplicar o seu peso, a que forma o glute, materia viscosa, elástica e extensible, que liga a masa no proceso de panificación, axuda á retención do gas carbónico e dá lugar á formación de alvéolos e á esponxosidade da masa durante o proceso de maduración...
-
Peza que resulta da división desta masa cocida, especialmente se é grande e redonda.
-
pan ácimo
Pan que se elabora sen fermento.
-
pan branco/albeiro
Pan elaborado con fariña de trigo.
-
pan centeo/negro/moreno
Pan elaborado con fariña de centeo.
-
pan de mestura
Pan que se elabora con fariña de millo mesturado con trigo e centeo.
-
pan de millo
Pan elaborado con fariña milla. Este tipo de pan tamén se denomina boroa e dependendo da súa forma e tamaño recibe diferentes nomes. Así a boroa máis alta que ancha é o oután e a boroa pequena tiña o nome de petada.
-
pan de molde
Pan que se obtén cando a masa se pon a cocer nun molde metálico, previamente engraxado.
-
...
-
pan relado
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos primates, da familia dos pónxidos, ao que pertence o chimpancé.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade da mitoloxía grega. Deus da vida agreste, é fillo de Hermes Cilenio e da ninfa Dríope. Compañeiro de Dióniso e das ninfas, é moi áxil e gústalle a danza, a música, os bosques e as fontes, e tamén o patrón do descanso da sesta. Represéntase con cornos e pés de cabra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía estadounidense de aviación fundada en 1927 para dar servizo á liña Florida-Cuba, a primeira internacional de EE UU. A partir de 1945 iniciou a diversificación das súas actividades, dedicándose á hostalaría e aos programas espaciais.
-
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Pertenceu aos relixiosos exclaustrados e reincorporouse á provincia de Santiago (1891). Publicou Diálogo entre una protestante y una católica, en que se declara la falsedad de la Iglesia Anglicana o del Estado, con la historia de su origen y los principios fundamentales del Catolicismo. Con una carta a una protestante (1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Indicación Xeográfica Protexida creada por Orde de 16 de abril de 2004 da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, e recoñecida pola UE en 2005. É un produto elaborado de forma artesanal en San Cristovo de Cea. Comercialízase en dous formatos: a bola de Cea (entre 1 y 1,3 kg de peso) e o molete (de 500 a 600 gr). Elabórase tradicionalmente en fornos de pedra e os ingredientes son auga, sal, fermento e fariña, sen ningún aditivo.
-
GALICIA
Político e diplomático. Foi vicecónsul e cónsul en París, deputado en Cortes (1918-1919), senador (1921-1922) e subsecretario do ministerio de Economía Nacional (1930). Posteriormente traballou nos ministerios de Industria e Comercio e de Asuntos exteriores. Colaborou co xornal El Noroeste baixo o pseudónimo de Micromegas e escribiu La ciudad encantada (1908). ; Foi académico correspondente da Real ; Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pai putativo dos cinco Pān ḋ avas, heroes e protagonistas do Mahābhārata. Tres deles eran fillos de tres deva, Dharma, Vāyu e Indra, e de Kuntī, a esposa favorita de Pān ḋ u, que estaba forzada a gardar continencia para evitar a maldición de certo ṛ i ṣ i, que lle prometera a morte o día que consentise facer o amor, como expiación dun crime cometido por Pān ḋ u. Os dous Pān ḋ avas restantes eran fillos da segunda esposa de Pān ḋ u, chamada Mādrī.