"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro do PC dende 1918, publicou Čapajev (1923), M’atez (1923-1924) e V semnadcatom godu (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. A súa investigación está centrada en historia da educación, sobre a que ten publicado A orientación agropecuaria da escola primaria en Galicia (1980), Escolarización y sociedad en Galicia, 1875-1900 (1987), Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo rural (1989), Leer, escribir y contar. Escolarización popular y sociedad en Galicia (1875-1900) (1990), Escolantes e escolas de ferrado (2001, Premio á Investigación Pedagóxica María Barbeito, 2001; Premio Anual á Investigación Antón Losada Diéguez, 2002 e Premio da Crítica Galicia á Investigación, 2002) e Arximiro Rico, luz dos humildes (2001), este último en colaboración con Xosé Manuel Sarille, así como diversos artigos en revistas especializadas e colaboracións en libros colectivos. É membro do comité de redacción de Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, do consello de redacción de Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria (Salamanca), do consello editorial da Revista Galega de Educación e vogal da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, pintor e coleccionista de arte francés. Coñecido como Van Ryssel, foi un dos mecenas do impresionismo. Patrocinou, entre outros, a Manet, Degas, Renoir, Pisarro, Cézanne e Van Gogh, que o retratou. O seu fillo legou a súa colección de arte ao Musée du Louvre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo e historiador. En 1924 fundou a Escola Blanquerna (1924-1939), onde experimentou os métodos da escola activa, que recolleu na obra Mesura objectiva del treball escolar (1928). Foi nomeado secretario xeral do Consell de Cultura da Generalitat de Catalunya, e, despois de xullo de 1936, confióuselle o negociado da lingua catalá e, máis tarde, a cátedra de metodoloxía do ensino de lingua na Universitat de Barcelona. Despois de estar exiliado (1939-1943), volveu a Barcelona e dedicouse, sobre todo, á historia da cultura. Cómpre destacar as súas obras Per la llengua e per la escola (1931), Lliçons de llenguatge (1931) e Activitat i llibertat en educació (1932), e, en colaboración con Josepa Herrera, Introdució a la Gramàtica I e II (1935 e 1937), Una hipotètica revolta d’uns mestres hipotètics (1964) e Mirades al món actual (1967). Foi membro do Institut d’Estudis Catalans (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, economista e diplomático italiano. As súas principais achegas sitúanse no campo da teoría do valor, a teoría monetaria e do interese e a política económica. Escribiu Della moneta (1750) e Dialogues sur le commerce des blés (1769), onde criticaba os argumentos dos fisiócratas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e matemático. As súas obras están marcadas polo Barroco tardío, case entrado no neoclasicismo; destacan a fachada de San Giovanni in Laterano, onde tamén realizou a capela Corsini, e a fachada de San Giovanni dei Fiorentini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr de orixe probablemente galega. Activo entre o segundo e o derradeiro cuarto do s XIII, as súas composicións aparecen recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Consérvanse da súa autoría catro cantigas de amigo, unha delas dialogada, e dúas cantigas de amor, unha delas fragmentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Representante do gótico hispanoflamengo, puido ser de orixe galega. Activo no Reino de León, traballou principalmente en Salamanca. As súas primeiras obras, entre outras o retablo do cardeal Juan de Mella na capela de San Ildefonso da catedral de Zamora (1466?) e a táboa do Martirio de Santa Catalina, mostran a influencia flamenga na factura rica e minuciosa, no tratamento das dobras e na gradación dos planos. Posteriormente, caracterizouse pola frialdade e o realismo extremo, entre outras obras, nas táboas da Piedad e a Crucifixión e no retablo de San Andrés (1470?, Salamanca). Realizou tamén a decoración da bóveda da Universidad de Salamanca (1473?-1794) e, xunto cos seus colaboradores, os retablos de San Lorenzo de Toro, de Arcenillas e de Ciudad Rodrigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto mariño. Realizou diversas viaxes no vicerreinado de Perú, onde foi conselleiro dos presidentes e benemérito (1623). Nunha das súas viaxes foi saqueado por Drake (1591). Escribiu o diario Viaje y descubrimiento de la isla Salomón en el mar del Sur (1566).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo ganda.

    2. Individuo do pobo ganda.

    3. Pobo africano que habita ao N do lago Vic22toria. Procedente de África central, estendeuse polo seu territorio actual cara ao s X e organizou un sistema de goberno centralizado e complexo, cunha estrutura administrativa e xudicial, ademais dun exército. Os colonizadores británicos empregáronos para dominar e administrar as rexións centrais e orientais de Uganda, a cambio dunha grande autonomía. Trala independencia de Uganda (1962) conservaron unha importante capacidade de manobra e, dende 1993, acadaron a autonomía para a súa rexión. A súa economía baséase na agricultura e conserva aínda unha organización social de base feudal. A pesar da introdución do Islam a comezos do s XIX e do Cristianismo a finais do s XIX, deuse un proceso de sincretismo coa súa relixión tradicional.

    4. Lingua da familia bantú do phylum níxer-congo que se fala en Uganda e Tanzania. Utiliza o alfabeto latino e a súa primeira gramática data de 1882. OBS: Tamén se denomina luganda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de animais dunha explotación.

    2. Grupo de persoas que se comportan de xeito desprezable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ida que leva a persoa que non traballa e que anda sempre de festa.

    2. Feito que se fai para divertir ou divertirse.

    3. Ruído que provoca un grupo de persoas que se divirten.

    4. Persoa á que non lle gusta traballar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘testículo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do Nepal e da India (700 km). Nace no Himalaia central pola unión de catro torrentes e penetra na India, onde, diante de Patna, conflúe pola esquerda co Ganxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Superficie plana que, debido a unha disposición topográfica endorreica e unha litoloxía impermeable, polo xeral de orixe sedimentaria, adoita estar asolagada.

    2. Tronco queimado de xesta ou de urce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Oroso baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Zas baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda de Portugal que se estableceu en lugares como Allariz, Nogueiros (Ourense) ou Pontevedra. As súas armas traen, en campo de azul, un castelo de prata, sobre ondas de azul e prata, nas que nadan dous cisnes brancos, un a cada lado do castelo, enfrontados; á súa porta, unha ninfa de goles, cun escudo de prata embrazado e unha espada na man.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Patrón de embarcacións a vela. Participou nos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984. Participou na regata volta ao mundo. Entre as distincións coas que foi galardoado, destaca a Medalla de Prata de Galicia (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Membro dos agostiños, foi prior dos conventos das cidades de Santiago de Compostela e Arenas de Iguña. Nomeado en 1654 cronista xeral do Reino de Galicia, destacan as súas obras Tabla de libros y capítulos de la historia eclesiástica de Galicia (1646), Descripción, origen y descendencia de la mui noble y antigua casa de Calderón de la Barca [...] (1661), Origen y antiguedad de la casa de Oca (1673), Nobiliario, armas y triunfos de Galicia (1677) e El cisne occidental (1678).

    VER O DETALLE DO TERMO