Gallego, Fernando
Pintor. Representante do gótico hispanoflamengo, puido ser de orixe galega. Activo no Reino de León, traballou principalmente en Salamanca. As súas primeiras obras, entre outras o retablo do cardeal Juan de Mella na capela de San Ildefonso da catedral de Zamora (1466?) e a táboa do Martirio de Santa Catalina, mostran a influencia flamenga na factura rica e minuciosa, no tratamento das dobras e na gradación dos planos. Posteriormente, caracterizouse pola frialdade e o realismo extremo, entre outras obras, nas táboas da Piedad e a Crucifixión e no retablo de San Andrés (1470?, Salamanca). Realizou tamén a decoración da bóveda da Universidad de Salamanca (1473?-1794) e, xunto cos seus colaboradores, os retablos de San Lorenzo de Toro, de Arcenillas e de Ciudad Rodrigo.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : XVI