"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • Parcela acoutada de monte comunal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre, tamén coñecido polo nome de Teixugueira, situado en Samieira (Poio). Foi declarado BIC en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida ou fritada que se fai con moito tomate.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Unidade de peso de valor moi variable segundo o país ou as localidades. A máis xeneralizada é a tonelada métrica (t), que equivale a 1.000 kg. Son tamén moi correntes a tonelada inglesa ou longa, que equivale a 2.240 libras ou 1.016,047 kg, e a tonelada americana ou curta, que equivale a 2.000 libras ou 907, 185 kg.

      1. Unidade de peso ou de capacidade que se emprega para medir o desprazamento dun barco.

      2. tonelada de arqueo

        Unidade de capacidade que equivale ao volume de 100 pés ou a 2,83 m 3 .

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe involuntario contra algo ou alguén.

    2. Unión ou encontro de dúas ou máis persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa máis ou menos grosa de neve.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte cortada e sen pólas do tronco dunha árbore.

    2. Anaco circular que resulta de cortar o tronco dunha árbore.

    3. Anaco circular dunha peza de froita, carne ou peixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chuvia súbita e forte de pouca duración que pode ir acompañada de vento e descarga eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de tordear.

    2. labazada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cobra que remataba un poema formada dunha ou máis estrofas de maior extensión e que adoitaba repetir, todo ou en parte, o esquema métrico e a rima dos últimos versos da estrofa precedente, a miúdo a última parte desta. A súa función corrente era dedicar o poema ao seu destinatario, masculino ou feminino. O poeta sintetizaba alí as intencións e as razóns que resumían o poema e que o moveran a escribilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prelado e teólogo. Converso do xudaísmo, fíxose dominicano e foi provincial da orde en Castela (1417). Teólogo papal no Concilio de Basilea (1432) e mestre do Palacio Pontificio (1435), foi cardeal (1439) e bispo de Cádiz (1440), Ourense (1442-1445), León (1463) e Sabina e Poggio Mirteto (1463). Escribiu unhas corenta obras, vinte e sete das cales foron editadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e historiador de orixe castelá. Franciscano, foi provincial da orde en México. Publicou Monarquía indiana (1615), en defensa dos indios, fonte principal para coñecer a cultura totonaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. Foi prior no convento segoviano de Santa Cruz e en 1474 converteuse no confesor dos Reis Católicos, participando no seu consello. Reorganizou a Inquisición e, a instancias dos monarcas, foi nomeado polo Papa Sixto IV inquisidor xeral de Castela e dos estados da Coroa de Aragón, chegando a ser Gran Inquisidor de España en 1487. Ditou uns regulamentos draconianos para os cárceres e tribunais inquisitoriais. De fondas crenzas católicas, convencido da necesidade da unificación relixiosa da Península Ibérica, empregou toda a súa influencia sobre os Reis Católicos para lograr a expulsión dos xudeus en 1492. Utilizou a Inquisición para perseguir os falsos conversos, considerados inimigos do Estado e da Igrexa, e outra serie de delitos como a herexía, a bruxaría, a bigamia ou a usura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rebanda de pan torrado.

    2. Rebanda de pan mollada en leite e ovo ou en viño tinto, fritida e con azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comediógrafo e guionista, irmán de Ramón Torrado Estrada. Foi xornalista de La Voz de Galicia na década de 1920. En 1929 instalouse en Madrid e estreou Crack, a súa primeira obra de teatro. Tras a Guerra Civil iniciou a súa actividade cinematográfica da man de Cesáreo González, produtor de Suevia Films. Desde ese intre, alternou a súa actividade como guionista de filmes, moitos deles dirixidos polo seu irmán, coa creación de exitosas obras de teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guionista e realizador cinematográfico, irmán de Adolfo Torrado Estrada. Dedicouse inicialmente á pintura que evolucionou da pintura tradicional cara ao cartelismo. Finalizada a Guerra Civil e instalado en Madrid, iniciou a súa relación co cine ao colaborar na adaptación cinematográfica de Manolenka, unha obra teatral do seu irmán e Leandro Navarro. En 1940 participou na versión cinematográfica doutra obra do seu irmán, El famoso Carballeira (1940), primeiro filme en que Cesáreo González actuou como produtor. A finais dese ano fundou a produtora Suevia Films-Cesáreo González, onde Ramón debutou como director na curtametraxe Tres maletas y un lío (1942), e nese mesmo ano rodou Campeones, unha longametraxe de tema futbolístico que obtivo un grande éxito xa que contou con destacados deportistas da época. Na segunda metade da década de 1940 a produtora levou a cabo unha serie de filmes cunha idea idílica de Galicia, pensada sobre todo para os galegos emigrados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao S da área metropolitana de Madrid (4.890 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e pianista, curmán de Marcial del Adalid. Formado en Londres con I. Moscheles, viaxou por Europa e estableceu amizade con Chopin, Liszt e Rossini. Das súas composicións destacan Seven Waltzes for the Piano Forte, Bagatela campestre e Tres bagatelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiveiro e bibliotecario. Dirixiu, entre outras, a biblioteca privada de Afonso XIII. Foi fundador e primeiro presidente (1949) da Associació Nacional d’ Arxivers, Bibliotecaris i Arqueòlegs. Organizou a biblioteca xeral do CSIC e foi director do Instituto Nacional de Bibliografía Nicolás Antonio, do que dirixiu a revista Bibliografía Hispana.

    VER O DETALLE DO TERMO