tornada
tornada
(< tornar)
s
f
[LIT]
Cobra que remataba un poema formada dunha ou máis estrofas de maior extensión e que adoitaba repetir, todo ou en parte, o esquema métrico e a rima dos últimos versos da estrofa precedente, a miúdo a última parte desta. A súa función corrente era dedicar o poema ao seu destinatario, masculino ou feminino. O poeta sintetizaba alí as intencións e as razóns que resumían o poema e que o moveran a escribilo.