Tormes

Tormes

Río da Península Ibérica de 284 km de lonxitude que é o principal afluente, pola esquerda, do Duero. Nace na serra de Gredos ao pé da cume de Plaza del Moro Almanzor e corre en dirección S-O, onde describe unha ampla curva. Pasa por Salamanca e desemboca no Duero, na fronteira con Portugal. No curso alto sitúase o encoro de Santa Teresa e no baixo o de Villarino.