"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Renée Marcelle Jeanmaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, urbanista e pintor de orixe suízo. Coñecido como Le Corbusier, formouse con Joseph Hoffman, Auguste Perret e Peter Behrens. Establecido en París (1917), alternou a actividade arquitectónica coa pictórica e fundou co pintor Ozenfat a revista Esprit Nouveau (1919-1925), órgano do movemento purista. Coa Ville Savoie de Poissy (1928) e co pavillón suízo da cidade universitaria de París, situouse á cabeza dos racionalistas. Cos seus escritos Vers une architecture (1925), Une maison un palais (1928) e La ville radieuse (1935), deu a coñecer os cinco puntos da súa teoría arquitectónica: os pilotes, as terrazas xardín, a planta aberta, a ventá lonxitudinal e a fachada libre. Posteriormente deu un xiro antirracionalista e violento á súa obra. Neste estilo construíu a Unité d’Habitation en Marsella (1947-1952), caracterizada polos elementos de formigón deixados á vista e na que empregou un sistema de proporcións baseado no modulor,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Foi profesor nas universidades de Poitiers, Toulouse e París. Escribiu Les origines de la poésie lyrique en France au Moyen Âge (1889), La poésie Lyrique des Troubadours (1934) e diversas edicións de textos líricos e dramáticos medievais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo inglés. Profesor en Princenton e en Cambridge, fíxose famoso polas súas críticas a Laplace e pola súa teoría sobre a formación das galaxias. Esforzouse en dar a coñecer as novas teorías, a da relatividade, ou a da cuántica, e deu unha visión histórica da física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • corrente en   jet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio situado en Ferrol. Construído por Faustino Domínguez Coumes-Gay (1885-1892), adopta a tipoloxía dos teatros italianos con planta de ferradura para facilitar a propagación do son. Realizado en estilo neobarroco, o interior foi decorado con pinturas realizadas por escenógrafos italianos. A fachada orixinaria, articulada cun andar inferior porticado e dous corpos superpostos rematados cun ático, foi reformada en estilo modernista por Rodolfo Ucha Piñeiro (1920-1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador. Pertenceu probablemente á pequena nobreza galega. Estivo activo no terceiro cuarto do s XIII e inicios do XIV. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle dúas cantigas de amigo, que van precedidas por unha rúbrica atributiva que o define como “sobriño de Nun’Eanes”. Ambas as dúas composicións, estruturadas segundo o esquema da rima tradicional abbaCC en octosílabos e decasílabos masculinos, están presididas polo motivo da ausencia do amado, matizado cunha sutil ironía que as afasta dos moldes convencionais propios das cantigas tradicionais de amigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de baloncesto. Coñecido como Magic Johnson, xogou toda a súa carreira en Los Angeles Lakers. Foi cinco veces campión da NBA (1980, 1982, 1985, 1987 e 1988), foi elixido xogador máis valioso (MVP) da liga en tres ocasións (1987, 1989 e 1990) e gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Creou a Magic Johnson Foundation en 1991 co obxectivo de crear programas de prevención contra a SIDA entre os máis desfavorecidos. Foi elixido vicepresidente dos Lakers en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista francés. Pertencente a unha ilustre familia de Champagne, foi senescal de Teobaldo IV de Blois e logo confidente e conselleiro do Rei Luís IX de Francia, a quen acompañou na Sétima Cruzada (1248-1254). Apresados polos mamelucos (1250), obtivo dos templarios o préstamo necesario para o rescate dos seus efectivos. Negouse a participar na Oitava Cruzada, que fracasaría ante Tunes (1270). Redactou (1304-1309), baixo petición da Raíña Xoana I de Navarra, as súas Mémoires du sire de Joinville (ou Histoire de Saint Louis), para a instrución de Luís X. A obra é un testemuño de gran valor histórico sobre a Francia feudal, a Sétima Cruzada, e, fundamentalmente, sobre o rei morto nela, de quen ofrece unha imaxe positiva, aínda que ás veces se mostre crítico. Escrita en estilo sinxelo e con ocasionais toques de humor, non descoida o detalle psicolóxico. Foi un dos primeiros memorialistas en integrar o diálogo no relato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Discípulo e xenro de Marie Curie, foi alto comisario francés de Enerxía Atómica e presidente do Consello Mundial da Paz. Descubriu a radioactividade artificial e os primeiros radiosótopos non naturais. Traballou na fisión do uranio e contribuíu ao descubrimento dos neutróns. Recibiu o Premio Nobel de Química (1935), xunto coa súa muller Irène Joliot-Curie, polo descubrimento da radioactividade artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mostra de teatro, organizada polos integrantes da compañía Esperpento Teatro Joven e dirixida por Xulio Lago e Dorotea Bárcena, que contaba co apoio financeiro da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Entre 1972 e 1977 por Vigo pasaron compañías de teatro independente, como Aquelarre, Els Joglars, Els Comediants, Esperpento de Sevilla, Teatro de la Ribera, Caterva, TEI de Madrid, PTV de València, Ditirambo ou Teatro del Mediodía. A Mostra complementábase con seminarios de formación, coloquios e conferencias. A súa desaparición estivo motivada pola oposición do movemento nacionalista galego ao uso do castelán como idioma de representación dos espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e moralista francés. O seu ciclo de Chaminadour revelouno como un gran estilista e, sobre todo, un renovador da inspiración novelesca. Está considerado como un dos precursores da nouveau roman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Decorou en Versailles o salón de Marte e a capela, e pintou a serie de catro teas para a igrexa de Saint-Martin-des-Champs de París e o Descendemento (1697).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Alasca, EE UU, na costa SL da península (30.711 h [2000]). Fundada en 1880 polos buscadores de ouro, é un importante porto pesqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Coñeceu a Napoleón I Bonaparte no Sitio de Toulon e distinguiuse nas campañas de Italia e Exipto, onde acadou o grao de xeneral (1798). Gobernador de París (1804) e embaixador en Lisboa (1805), dirixiu o exército que ocupou Portugal (1807), polo que recibiu o título de duque de Abrantes e foi nomeado gobernador do país. Vencido por Arthur Wellesley en Vimeiro (1808), tivo que capitular en Sintra e abandonar Portugal. Malia que xa manifestaba síntomas de demencia, Napoleón confioulle o goberno das Provincias Ilirias (1813) e suicidouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Publicou unhas vinte Odas (1824-1826), influídas polo neoclasicismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación en lingua khmer de Camboxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Autor de O mendigo (1899), de carácter popular, e da obra realista O arqueólogo (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo creado na Escola de Maxisterio de Pontevedra por Antón Lamapereira e Manuel F. Vieites en 1987, ao abeiro da Aula de Teatro da citada escola universitaria. Despois de estrear Colorín Colorado en 1987, en 1988 presentaron Pimpirulandia, un espectáculo do que se realizaron máis de 65 funcións. En 1990 presentaron o espectáculo Rodatola, unha creación colectiva dirixida por Manuel F. Vieites e Manuela Rodríguez Lorenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave da orde dos psitaciformes, duns 50 cm, que ten a plumaxe dunha cor verde olivácea, cos bordos e o nervio das plumas máis escuras. A mandíbula superior do bico pode chegar a medir uns 5 cm. É endémico da illa sur de Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO