Jeanneret, Charles Édouard
Arquitecto, urbanista e pintor de orixe suízo. Coñecido como Le Corbusier, formouse con Joseph Hoffman, Auguste Perret e Peter Behrens. Establecido en París (1917), alternou a actividade arquitectónica coa pictórica e fundou co pintor Ozenfat a revista Esprit Nouveau (1919-1925), órgano do movemento purista. Coa Ville Savoie de Poissy (1928) e co pavillón suízo da cidade universitaria de París, situouse á cabeza dos racionalistas. Cos seus escritos Vers une architecture (1925), Une maison un palais (1928) e La ville radieuse (1935), deu a coñecer os cinco puntos da súa teoría arquitectónica: os pilotes, as terrazas xardín, a planta aberta, a ventá lonxitudinal e a fachada libre. Posteriormente deu un xiro antirracionalista e violento á súa obra. Neste estilo construíu a Unité d’Habitation en Marsella (1947-1952), caracterizada polos elementos de formigón deixados á vista e na que empregou un sistema de proporcións baseado no modulor, ideado por el mesmo en 1949; e a capela de Notre-Dame en Ronchamp (1950-1955), entre outras. No eido do urbanismo destacan os estudios realizados para Rio de Janeiro (1929-1930) e a planificación de Chandīga ṛ h en Punjab. Das súas últimas obras destaca o Museo de Arte Moderna de Toquio (1957) e o Carpenter Visual Arts Center (1963) en Cambridge (EE UU).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : La Chaux -
Deceso
Lugar : Fonds, Neuchâtel -
Deceso
Lugar : Cap Martin, Alpes Marítimos