"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Empresa suíza, pioneira no sector das industrias alimentarias, con domicilio en Vevey. Formada como consecuencia da fusión en 1905 da Anglo Swiss, Condensed Milk Co (fundada en 1868) e a Henry Nestlé SA (fundada o mesmo ano), tomou a denominación actual en 1977. Dedicada inicialmente á produción de leite condensado e fariñas lácteas, ampliou a súa actividade coa compra doutras empresas do mesmo sector: Peter Cailler-Chocolates Suisses (1929), Maggi (1947), Findus Internacional (1962, alimentos conxelados), Libby (1970, zumes de froita), Buitoni-Perugina (1988, pastas), Source Perrier (1992, auga embotellada) e doutros como Alcon Laboratoires (produtos farmacéuticos) e l’Oréal (produtos cosméticos). Comercializa tamén alimentos infantís e xeados. En 1905 instalouse a primeira fábrica en España, en La Penilla (Cantabria). Conta cunha planta en Pontecesures.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no nome persoal grego Néstor (Νέστωρ), probablemente forma abreviada de Eunéstor ‘o que regresa felizmente’, composto de eu ‘ben’ e nóstos ‘regreso, retorno’. A súa festividade celébrase o 26 de febreiro (o de Panfilia), o 4 de marzo (o do Quersoneso) e o 27 de outubro (o gladiador e mailo de Kiev).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asteroide número 659 do catálogo. É de magnitude 16,3 e pertence ao grupo dos troianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, rei de Pilos e fillo de Neleo e Cloris. Escapou á matanza dos seus once irmáns, levada a cabo por Heracles. Na Ilíada aparece como un ancián que destaca sempre pola súa prudencia no falar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista e monxe ucraíno. Escribiu varias haxiografías, das que destaca o Paterikon. Atribúenselle os primeiros anais rusos, coñecidos como Crónica de Néstor, que comprenden os anos 858-1106.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 250) Mártir. Foi bispo en Panfilia (actual Turquía) e morreu crucificado durante a persecución de Decio. A súa festividade celébrase o 26 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Quersoneso, actual Crimea? - ?) Mártir. Morreu xunto con outros 8 mártires. A súa festividade celébrase o 4 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Coñecido como o gladiador, obrigárono a loitar no circo fronte a un coñecido gladiador e venceuno. O Emperador Marco Aurelio Valerio Maximiano mandouno decapitar por isto. A súa festividade celébrase o 27 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa cristiá oriental formada polos cristiáns do antigo Imperio Parto-sasánida. Coñecida tamén como Igrexa Asiria, Sirio-oriental ou Caldea, a evanxelización partiu de Edessa, e iniciouse antes da caída do Imperio Parto (226). Un sínodo convocado en Seleucia (410) constituíu un catolicosado, que en 424 se converteu practicamente en autónomo. En 486 esta igrexa aceptou o nestorianismo. No s XIII, e baixo a protección de Khublai Khan, fundador da dinastía Yuan, chegou a ter bispos e comunidades en moitas cidades chinesas, que desapareceron coa chegada da dinastía Ming (1368-1644). Chegou tamén, xa desde o s IV, á costa de Malabar (India). En 1552, das comunidades nestorianas do Oriente Medio, xurdiu o grupo unido en Roma que se coñeceu co nome de Igrexa Caldea. Organizada xerarquicamente, en 1830 erixiuse o patriarcado católico de Babilonia dos caldeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina teolóxica que sostén que hai dúas persoas, divina e humana, encarnadas no Verbo. Tomou o seu nome do patriarca de Constantinopla Nestorio, que por defender a verdadeira divindade e humanidade de Xesús Cristo, rexeitou o termo theotokos (Virxe), aplicado a María, porque confundía ambas as dúas realidades. Á parte deste rexeitamento, a teoloxía de Nestorio afirmou a unidade de Xesús Cristo, e denunciou a fórmula de san Cirilo de Alexandría, ‘unión apostática’, como portadora de monofisismo. As motivacións políticas converteron o nestorianismo en herexía total. O Papa Celestino I, no Concilio de Roma de 430, condenouno, e o Emperador Teodosio II convocou o Concilio de Éfeso (431), que confirmou a condena romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Nestorio ou ao nestorianismo.

      2. Partidario do nestorianismo.

    1. Aplícase á forma da escrita siria, moi semellante ao estranghelo, empregada pola Igrexa Siria oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca e bispo (428) de Constantinopla. Monxe en Antioquía e iniciador da corrente teolóxica do nestorianismo, foi deposto no Concilio de Éfeso (431) e exiliado ao Alto Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da Península Balcánica, que nace nas montañas de Rila, en Bulgaria, e entra en Grecia para desembocar no Mar Exeo, fronte á illa de Thásos, tras un percorrido de 230 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta que agrupa a preposición en + o demostrativo outro(s), outra(s).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de anestesia combinada que, ademais do neuroléptico e o analxésico como na neuroleptoanalxesia, emprega un anestésico xeral que pode ser o protóxido de nitróxeno ou calquera outro hipnótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Inventor do aparato coñecido como radiómetro de Nichols, conseguiu, xunto con J. F. Hulls, evidenciar e medir a presión de radiación, efecto de especial utilidade en radioastronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante estadounidense. Xefe supremo da frota do Pacífico durante a Segunda Guerra Mundial, foi un dos artífices da vitoria. Dirixiu o Estado Maior xeral de operacións navais de 1945 a 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sanxenxo. Consta dunha soa nave dividida en tres tramos, os dous máis occidentais cubertos con bóveda de cruzaría e o terceiro xunto á capela con bóveda de canón. A fachada presenta dúas arquivoltas apuntadas. No tímpano atópase un calvario do s XVIII. Conta cunha torre-campanario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio semidesértico do Precáucaso, situado principalmente na República de Daguestán, entre os ríos Terek e Kuma. Cunha extensión de 25.000 km, acada altitudes de 170 m no O, mentres que no L son de 28 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Clasificación establecida pola Oficina de Estatística das Comunidades Europeas (1972) para dispoñer dun esquema único e coherente de clasificación territorial para a elaboración das estatísticas rexionais comunitarias co fin de harmonizar a recompilación, transmisión e publicación das estatísticas nacionais e comunitarias. É unha clasificación en tres niveis, en que os dous primeiros recollen a estrutura administrativa dos estados membros, e o terceiro, que é un nivel adicional, para delimitar territorios comparables economicamente. Desde 1998 utilízase na lexislación comunitaria dos Fondos Estruturais.

    VER O DETALLE DO TERMO