Néstor

Néstor
[MIT]

Personaxe da mitoloxía grega, rei de Pilos e fillo de Neleo e Cloris. Escapou á matanza dos seus once irmáns, levada a cabo por Heracles. Na Ilíada aparece como un ancián que destaca sempre pola súa prudencia no falar.