"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
PERSOEIRO
Poeta, narrador e crítico literario estadounidense. Fillo duns actores teatrais, ao quedar orfo foi acollido pola familia Allan, que lle proporcionou estudos en Inglaterra e na Universidade de Charlottesville, ata que tivo que abandonalos por débedas de xogo. A morte da súa muller, o alcol e o xogo, agravaron os problemas que viña arrastrando desde a súa infancia. Na súa obra, vinculada á novela gótica inglesa, sobre todo pola escenografía e o tratamento narrativo, fanse patentes os elementos fantásticos e de terror; os personaxes, que amosan a súa parte boa e mala, móvense nunha fronteira de difícil delimitación entre o real e o irreal. Iniciou a súa produción cos poemas recollidos en Tamerlane and Other Poems (1827), Al Aaraaf, Tamerlane and Minor Poems (1829) e Poems (1831). No apartado narrativo destaca o relato Manuscript Found in a Bottle (1833) e diversos contos en que mestura o relato fantástico e o detectivesco, e que lle deron moita fama, como...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar en outubro de 732, preto da cidade do mesmo nome, entre as forzas árabes do emir de Al-Andalus, ‘Abd al-Ra ḥ mān ibn ‘Abd Allāh al-Aāfiqī, e as francas de Carlos Martel. Os musulmáns foron derrotados e tiveron que deter a súa expansión cara ao N.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre as tropas de Xoán II de Francia e as do príncipe inglés Eduardo o Negro, que tivo lugar en setembro de 1356, preto da cidade homónima, durante a Guerra dos Cen Anos. Os ingleses venceron e capturaron a Xoán II e a seu fillo Filipe o Atrevido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos gádidos, ao que pertence o abadexo.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. Formado na escola da Bauhaus de Chicago con Moholy-Nagy, dirixiu a Artist Group Gallery de Chicago (1936-1939) e o South Side Community Art Center (1939-1943). A partir de 1957 dedicouse a asesorar os museos de todo o país e converteuse en director da Federación de Artistas Americanos (1962-1964). Editor de libros sobre recoñecidos fotógrafos e colaborador de Life, Look e Art News, publicou The Picture History of Photography (1958) e Understanding Primitive Art (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador, actor e produtor cinematográfico estadounidense. Comezou no teatro en 1955, e unha vez instalado en Hollywood, cultivou o cine de temática social con filmes como They Shoot Horses, don’t they? (1969) e Jeremiah Johnson (1972). Posteriormente, produciu e dirixiu algúns filmes máis comerciais como Tootsie (1982), Out of Africa (1986, Oscar á mellor realización), Havana (1990), The Firm (1993), Sabrina (1995) e Random Hearts (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome con que se coñecen Antonio Benci (Florencia 1432?-Roma 1498) e Piero Benci (Florencia 1443-Roma 1496), pintores, escultores e gravadores italianos. Formados no taller de Lorenzo Ghiberti, colaboraron xuntos a partir de 1460. Antonio recibiu a influencia de Andrea del Castagno e de Donatello e, nun estilo caracterizado polo dinamismo e o dramatismo de personaxes, pintou Apollo e Dafne (1470?) e esculpiu os sepulcros de Sisto IV e de Inocencio VIII (1493) en San Pedro do Vaticano. Piero, que sobresaíu como retratista, é autor dunha Coronazione di Maria (1485).
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Coñecido como Il Cronaca, realizou en Florencia o Salone dei Cinquecento (1495-1497) do Palazzo Vecchio, a igrexa de San Salvatore (1500?) e o Palazzo Guadagni (1506). Colaborou con G. de Sangallo na sancristía da igrexa do Santo Spirito (1498?) e con B. da Maiano no Palazzo Strozzi (1489-1507).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Arquipélago volcánico do Mar Tirreno, situado no golfo de Gaeta, que forma parte da provincia de Latina, Italia (11 km2). Subdivídese en dous grupos: ao NO, o formado polas illas de Ponza e Gavi, con Palmarola e Zannone; ao SL, o constituído polas de Ventotene e Santo Stefano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, neto de Joaquim Sorolla. Foi arquitecto conservador da Cidade Monumental de Santiago de Compostela. Proxectou o traslado da vila histórica de Portomarín (1963), deseñou uns planos da catedral de Lugo e encargouse do proxecto de remodelación do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Provincial de Ourense (1959). Foi académico de honor da Real Academia de Nobles y Bellas Artes de San Luis de Zaragoza, correspondente da Real Academia de San Carlos de València e académico non numerario da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vedra. Construíuse ou reedificouse no s VIII por orde de Odoario, bispo de Lugo. De estilo románico, ten planta rectangular cunha ábsida semicircular cuberta con bóveda de canón rematada nun cuarto de esfera. O arco triunfal é lixeiramente apuntado. No muro sur engadiuse unha capela con bóveda oxival de cinco claves, posiblemente do s XVI. No interior destacan os frescos do s XVI do arco central que representan a Anunciación. No exterior destaca a espadana con remate triangular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada no centro histórico de Betanzos. Datada no s XV, é unha das portas das antigas murallas que rodeaban a vila, declaradas BIC en 1994. Situada entre a rúa da Cerca e do Alfoli, conserva o arco oxival. Diante desta porta realizábase o control de pesos das mercadorías que se traían para o mercado da vila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte pequena situada en vías de comunicación menores.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Betanzos baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla que tivo lugar no antigo concello de Pontesampaio (hoxe parroquia de Ponte Sampaio no concello de Pontevedra) entre o exército francés ao mando do mariscal Michel Ney e un grupo de veciños e tropas lideradas por P. Morillo e o conde de Noroña durante os días 7 e 8 xuño de 1809. As forzas locais cortaron as pontes de Ponte Caldelas e Sampaio sobre o río Oitavén e dispuxéronse nos vaos do río á espera dos franceses, que chegaron o día 7. O exército francés, integrado por 8.000 infantes e 1.200 soldados de cabalaría, despois de comprobar que as pontes estaban rotas e os vaos ocupados, iniciaron un enfrontamento de artillaría. O día 8 o mariscal deu a orde de atacar polo vao de Ponte Caldelas e polo río, preto de Sampaio, pero foron rexeitados polos galegos despois de sufrir importantes perdas. Fronte á imposibilidade de atravesar o río sen sufrir baixas, o mariscal Ney ordenou a retirada e volveron cara á Coruña.
-
-
Conxunto de cousas sucias ou de aspecto desagradable que dan noxo.
-
Dito ou feito groseiro ou desagradable.
-
Acto que atenta contra a decencia ou a moral.
-
-
-
Que ou quen non ten hábito de aseo ou de limpeza e presenta un aspecto físico pouco coidado e aseado.
-
Que ou quen é mal falado e di porcalladas.
-
-
-
de porfillar.
-
Fillo adoptivo ou apadriñado.
-