Ponte Vella, porta da

Ponte Vella, porta da

Construción situada no centro histórico de Betanzos. Datada no s XV, é unha das portas das antigas murallas que rodeaban a vila, declaradas BIC en 1994. Situada entre a rúa da Cerca e do Alfoli, conserva o arco oxival. Diante desta porta realizábase o control de pesos das mercadorías que se traían para o mercado da vila.

Palabras veciñas

Ponte Ulla, Santa María Madalena da | Ponte Valga | Ponte Veiga | Ponte Vella, porta da | Ponte Vilar | Ponte, A | Ponte, A