"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente ao panenteísmo.

    2. Seguidor do panenteísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Fillo de Leopoldo Panero e irmán de Leopoldo María Panero Blanch, viaxou por diversos países americanos, onde coñeceu a Octavio Paz, Jorge L. Borges e Juan Rulfo. Iniciou a súa andaina poética con A través del tiempo (1968). Co seu estilo persoal, introduce temas xa utilizados en obras de Cernuda, C. Pavese ou Vinyoli. Da súa obra cómpre salientar os libros de poemas Los trucos de la muerte (1975), Antes que llegue la noche (1985, Premio Ciudad de Barcelona), Galerías de fantasmas (1988, Premio Internacional de Poesía da Fundación Loewe) e Enigmas y despedidas (1999); a recompilación de artigos literarios Los mitos y las máscaras (1994) e o volume Sin rumbo cierto (1999, XII Premio Comillas de Biografía, Autobiografía y Memorias).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Fillo de Leopoldo Panero e irmán de Juan Luis Panero Blanch, ingresou no Partido Comunista na clandestinidade, polo que foi levado a prisión. Coñecido como o último “poeta maldito” das letras hispánicas, a súa obra caracterízase pola ruptura coas convencións literarias e ideolóxicas, dentro das correntes tremendistas e ultraístas, con composicións marcadas pola melancolía e o rexeitamento existencial. Iniciouse no mundo poético con Por el camino de Swan (1968), ao que seguiron Poemas del manicomio de Mondragón (1987), en que aparecen reflitidas algunhas das súas experiencias nun centro psiquiátrico; Tensó (1997) e Erección del labio sobre la página (2001); ademais dos libros de narrativa En lugar del hijo (1976) e Palabras de un asesino (1992), e o ensaio Prueba de vida. Autobiografía de la muerte (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Foi inspector de primeiro ensino das provincias de Lugo e A Coruña. Participou activamente no Congreso Regional de Pontevedra (1887). Defendeu a reforma do ensino e a supresión da xuntas locais. É autor de Programa de instrución primaria elemental ampliada (1867), El corazón de la infancia. Máximas morales para las escuelas (1880), El guía de los maestros (1885), Conferencias pedagógicas de 1888. Discursos de la inauguración y clausura (1888) e Valoración de la situación escolar en 1879.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora. Publicou numerosos relatos e ensaios literarios en diversas publicacións, como Andaina, Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo e Festa da Palabra Silenciada. Da súa produción destacan o libro de relatos curtos Diario do mimo (1989), que se dividiu en “Contos” e “Caderno inédito”, e en que se analizan dun xeito intimista un conxunto de historias moi suxestivas; o ensaio “Códice Calixtino” de Luz Pozo (1992) e A Casa de Limpias (1994), ademais de participar no volume colectivo Castelao: 1886-1986 (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Formado no ámbito da revista Garcilaso, nos seus primeiros libros partiu da experiencia e dos postulados teóricos do garcilasismo. Xa na época de madurez profundizou no dadaísmo e no surrealismo. Da súa obra destacan La estancia vacía (1944), Escrito a cada instante (1949, Premio Nacional de Literatura), Canto personal (1953), unha réplica ao Canto general de Neruda; e Cándida (1960). Gran parte da súa obra recolleuse no volume póstumo Poesías (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente política nacionalista que pretendía a unificación dos pobos eslavos. Xurdiu nos ss XVIII e XIX, entre os pobos dominados polo Imperio Otomán e o Imperio Austrohúngaro pola súa unión e alianza. Despois de 1795 o único estado eslavo independente foi Rusia, que propuxo unir a todos baixo o seu dominio. Na década de 1830 propugnouse a unificación política dos pobos nunha monarquía federada baixo o dominio do tsar de Rusia, coa rusificación da lingua, a cultura e a política.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao paneslavismo.

    2. Partidario do paneslavismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que concerne ao pobo eslavo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico austríaco. Estudou os meteoritos e a idade das rochas, fixo investigacións sobre histoloxía e cinética de reaccións e descubriu os hidruros de bismuto, polonio, estaño e chumbo. Publicou Radioelements as Indicators (1928), Manual of Radioactivity (1938) e The Origin of Meteorites (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Lituania (7.881 km2; 300.800 h [estim 2002]). A súa capital é Panevėžys.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Panevėžys, Lituania, á beira do río Nevežys (133.695 h [2000]). Posúe industrias téxtiles, de compresores e de vidro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é de carácter laudatorio.

      1. Discurso de carácter persuasivo e encomiástico para loar a unha persoa ilustre, unha cidade ou unha institución de renome. Semellante ao epitafio, o eloxio e o encomio, apareceu como xénero da literatura clásica no s V a C, por obra da sofística e adquiriu un notable desenvolvemento ata a época da segunda sofística.

      2. Sermón en honor dun santo o día da súa festa.

    2. Eloxio ou loanza que se lle fai a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que escribe ou pronuncia un panexírico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer o panexírico de algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión de Asia Menor situada na zona meridional de Anatolia, entre as rexións da Licia e a Cilicia, os montes Tauro e o Mar Mediterráneo. Pertenceu durante o II milenio a C ao país de Arzawa, sometido arredor de 1340 polo soberano hitita Mursilis II. Colonizada polos aqueos, pasou a poder dos lidios, dos persas (546 a C) e de Alexandre o Grande (339). En 43 uniuse a Licia formando unha provincia do Imperio Romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen amosa ter pouca intelixencia ou que obra sen malicia.

    2. Que ou quen actúa con lentitude e cunha calma excesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos panfletos e ao seu estilo.

    2. panfletista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autor de panfletos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folleto impreso de moi poucas páxinas, de carácter xeralmente político e difusión clandestina, no que se ataca violentamente a alguén ou algo.

    VER O DETALLE DO TERMO