panexírico -ca
panexírico -ca
(< lat panegyrĭcu
-
adx
Que é de carácter laudatorio.
-
s
m
[LIT]
-
Discurso de carácter persuasivo e encomiástico para loar a unha persoa ilustre, unha cidade ou unha institución de renome. Semellante ao epitafio, o eloxio e o encomio, apareceu como xénero da literatura clásica no s V a C, por obra da sofística e adquiriu un notable desenvolvemento ata a época da segunda sofística.
-
Sermón en honor dun santo o día da súa festa.
-
-
s
m
Eloxio ou loanza que se lle fai a alguén.