"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Bengala Occidental, India, situada ao N da aglomeración de Calcuta (275.359 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e teólogo. Ordenado sacerdote en 1946, foi profesor en Madrid, Roma e Nova York, e desde 1972 foi profesor de filosofía comparada de relixión e de historia das relixións en Santa Barbara (California). Das súas obras destacan Kultmysterium in Hinduismus und Christentum (1964), Religión y religiones (1965), The Trinity and the Religious Experience of Man (1973), Paz y desarme mundial (1991, primeiro premio de ensaio Antonio Machado) e El silencio de Buddha: introdución al ateismo religioso (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Haryāna, India, situada ao N de Delhi e ao O de Muzaffarnagar, na beira esquerda do río Yamuna (191.010 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao panislamismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político-relixioso que aspiraba a unificar o mundo islámico ao tempo que pretendía a reforma relixiosa do Islam e o desenvolvemento da ciencia e a técnica para lograr a autosuficiencia dos países musulmáns. Xurdido en Exipto a finais do s XIX, ata a Primeira Guerra Mundial o Sultán Abdülhamit II favoreceu a idea nun intento de converterse no único líder dos países islámicos. Pero tras a derrota turca na guerra, o movemento perdeu forza ao tempo que gañaba terreo o panarabismo. A creación dos Irmáns Musulmáns implicou un rexurdimento ideolóxico desde 1940, e o nacemento da Organización da Conferencia Islámica en 1971 foi un intento de concretar política e economicamente a axuda entre todos os estados islámicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao panislamismo.

    2. Partidario do panislamismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada na parroquia de Panxón, en Nigrán, a partir de 1955. Subtitulouse “Revista del apostolado del mar”. Incluíu, desde unha perspectiva católica, unha análise do problema do mundo do mar e da mariña mercante, así como novidades sobre o funcionamento da propia asociación relixiosa. A partir do mes de xaneiro de 1959 cambiou a súa cabeceira pola de Stella Maris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sufraxista inglesa. En 1894 fundou a Women’s Franchise League, coa que conseguiu que as mulleres casadas puidesen votar nas eleccións locais. En 1903 creou a Women’s Social and Political Union (WSPU), e en 1905 abandonou o Liberal Party. Durante a Primeira Guerra Mundial viaxou a EE UU, Rusia, Canadá e Australia, loitando sempre pola causa das mulleres, e en 1926 foi escollida como candidata conservadora para a Cámara dos Comúns, pero a súa saúde impediulle tomar posesión do cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barrio de Berlín situado á beira do Panke (afluente do Spree). Antiga vila eslava e xermánica do s XIII, a mediados do s XIX converteuse nun suburbio residencial de Berlín. Foi incluído en Berlín Oriental e pasou a ser a sede do goberno da República Democrática Alemana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que identifica totalmente a realidade co intelixible, coa razón. É o extremo da actitude racionalista, polo que non pode ser simplemente identificada co racionalismo, que só establece a primacía da razón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proliferación de todos os elementos embrionarios da medula ósea que pasan ao sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplasia xeneralizada da medula ósea na que se acadan niveis anormalmente baixos de todos os elementos sanguíneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á panmixia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de selección nos cruzamentos entre os individuos de diferente sexo dunha poboación. Dáse cando todos os individuos comparten a mesma probabilidade de apareamento, todas as parellas teñen a mesma fecundidade e todos os descendentes teñen a mesma viabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de liques, da familia das placodiáceas, que presentan o talo laciniado, escamoso e granuloso con numerosos apotecios vermellos na superficie e coas esporas incoloras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista húngaro. De nome János Csezmicei, foi bispo de Pécs e chanceler de Matías I de Hungría. Tradutor de Demóstenes e Plutarco, escribiu poesía en latín. Da súa produción destacan Andreae Mantegnae elegia (1458), Panegyricus in Renatum e Silva Pangyrica ad Guarinum Veronensem praeceptorem suum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor alemán. Formulou unha visión do home e do mundo fortemente influída polos presocráticos, Leibniz, Kant e Nietzsche. É autor de Landschaftsmärchen (Contos da paisaxe, 1901), Thebaïs/Hellas (1965), o poemario Das atom zeitalter (A idade do átomo, 1960), diversos dramas e ensaios filosóficos, como Die Krisis der europäischer Kultur (A crise da cultura europea, 1917) e Der Übergang von heute zu morgen (O paso de hoxe a mañá, 1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tecido de la, liño, seda ou algodón.

      1. Anaco de calquera tea, xeralmente de forma rectangular ou cadrada.

      2. Anaco de tea que, con diversas formas, se usa para abrigarse ou como adorno na indumentaria. OBS: Pode aparecer cun complemento especificador (pano da cabeza, pano do pescozo, etc).

      3. pano da cabeza

        Anaco de tea que se leva na cabeza, cortado ou dobrado diagonalmente, de xeito que teña forma triangular.

      4. pano da man/dos mocos/da faldriqueira

        Pano que se emprega para limpar o nariz ou a suor.

      5. pano de mesa

        Peza de tea ou doutros materiais que se emprega na mesa para limpar as mans ou a boca.

      6. pano do pescozo

        Pano de oito puntas que se puña polo lombo e despois de cruzalo polo peito se ataba pola cintura.

      1. Tea grande, da largura do escenario, que se pode facer baixar e subir e que serve para tapar o escenario ou para formar parte dunha decoración.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO