panislamismo
panislamismo
(
[HIST/POLÍT]
Movemento político-relixioso que aspiraba a unificar o mundo islámico ao tempo que pretendía a reforma relixiosa do Islam e o desenvolvemento da ciencia e a técnica para lograr a autosuficiencia dos países musulmáns. Xurdido en Exipto a finais do s XIX, ata a Primeira Guerra Mundial o Sultán Abdülhamit II favoreceu a idea nun intento de converterse no único líder dos países islámicos. Pero tras a derrota turca na guerra, o movemento perdeu forza ao tempo que gañaba terreo o panarabismo. A creación dos Irmáns Musulmáns implicou un rexurdimento ideolóxico desde 1940, e o nacemento da Organización da Conferencia Islámica en 1971 foi un intento de concretar política e economicamente a axuda entre todos os estados islámicos.