"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente ás linguas pano.

    2. Familia de linguas do grupo xe-pano-caribe do phylum amerindio. Divídese en tres grupos principais: o primeiro, que ocupa a conca da beira meridional do Amazonas e as dúas beiras do Ucayali, fálano tribos do grupo chama (conibo, setebo e shipibo); o segundo, que ocupa a conca do río Inambari, nas proximidades de Cuzco, fálano tribos de lingua quechua ou aimará (arasa, atsahuaca, yamiaca e araua); e o terceiro, que ocupa as beiras dos ríos Mamoré, Beni e Madre de Dios, fálano tribos capuibo, chacobo e caripuna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen amosa pouca intelixencia ou falta de entendemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e crítico da arte alemán. Ensinou en Hamburgo (1921-1933), e coa chegada do nacionalsocialismo emigrou a EE UU e foi profesor en Princeton. Traballou no Instituto Warburg e propugnou a iconoloxía en contra do formalismo e a tradicional historiografía da arte. Destacan os seus estudos sobre Albrecht Dürer (1915, 1922, 1923 e 1943), Idea (1924), Die Perspektive als “symbolische Form” (1927) e Studies in Iconology (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación supurativa de todo o tracto uveal, que enche de pus todo o globo ocular e remata coa destrución deste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bráctea que cobre a mazaroca do millo

    2. Restroballo que queda despois de limpar ou peneirar os cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos compartimentos estanco que hai distribuídos pola embarcación en que se gardan os diversos obxectos usados ou consumidos a bordo, como os víveres, as velas ou os cabos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión aproximadamente equivalente á chamada chaira Panónica, situada entre Mesia, Nórica, Iliria e o río Danubio. Habitárona os panonios, pobo ilirio seminómade mesturado con elementos celtas. Conquistada por Octavio Augusto (34? a C) e por Tiberio (10? a C), foi incluída na provincia Ilírica. Tras a derrota de Flavio Valente en Adrianópolis (378), foi ocupada polos godos. No s V as forzas romanas abandonárona e ocupárona sucesivamente os hunos, os ostrogodos, os lombardos e finalmente os ávaros en 567. Incorporada ao Imperio Carolinxio, no s IX ocupárona os maxiares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran chaira de Europa Central que non supera a cota dos 200 m, situada entre os Alpes Orientais e os Alpes Dináricos ao O e ao S, e os Cárpatos ao N e ao L. Engloba dúas unidades morfolóxicas fundamentais; a conca de Transilvania, en Romanía, formada por extensións chairas ou suavemente onduladas, e o gran Alföld húngaro, prolongado ao S polas rexións do Banato (Serbia e Montenegro e Romanía) e a Vojvodina (Serbia e Montenegro). A agricultura de cereais e a gandaría constitúen as actividades económicas principais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Armadura que ten todas as súas pezas.

    2. Colección de armas dispostas de forma ordenada.

    3. Taboleiro en forma de escudo sobre o que se dispoñen ordenadamente diversas armas.

    4. Parte da arqueoloxía que estuda as armas de man e as armaduras antigas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a un edificio construído de xeito que toda a súa parte interior pode verse desde un só punto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ista dunha paisaxe que se realiza desde un punto determinado e que abrangue todo o horizonte.

    2. aloración global ou en conxunto dun asunto ou circunstancia.

    3. Perspectiva total ou parcial dunha escena ou dunha paisaxe proxectada circularmente no interior dunha rotonda onde o centro está ocupado polo espectador, que obtén nel a ilusión de realidade. Fundada na obra de Guidobaldo del Monte e na de J. A. Breysig, o primeiro panorama construíuno en 1793 en Edimburgo o pintor R. Barker. O matrimonio Thayer introduciuno en Francia e tivo moita divulgación ata que foi desprazado polos dioramas de Louis-Jacques M. Daguerre e Charles M. Bouton.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. isión obtida desde unha distancia que permite captar o conxunto do que se quere considerar.

    2. Fotografía que abrangue unha imaxe desde un punto de vista extenso.

    3. Toma de imaxes que se realiza ao xirar a cámara cinematográfica sobre un eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao panorama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Beccadelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora rusa. Comezou a súa traxectoria literaria con Devčki (As nenas, 1945) e Sputniki (Compañeiros de viaxe, 1946), ao que seguiron outros títulos incluídos nas liñas do realismo socialista, onde tratou temas como a vida nas fábricas e cidades industriais, como en Kružlikha (1947). Posteriormente, a súa obra pasou a reflectir problemas morais, que describiu en Vremena goda (Camiño fatal, 1953) e Sevëža (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. herba de san Paulo.

    2. herba dos dentes.

    3. 2 chufa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia universal na que se incluía toda clase de coñecementos reducidos aos seus principios fundamentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pansofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría segundo a que a aparición da vida na Terra ten unha orixe extraterrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘todo’.

    VER O DETALLE DO TERMO