Panonia
Panonia
Antiga rexión aproximadamente equivalente á chamada chaira Panónica, situada entre Mesia, Nórica, Iliria e o río Danubio. Habitárona os panonios, pobo ilirio seminómade mesturado con elementos celtas. Conquistada por Octavio Augusto (34? a C) e por Tiberio (10? a C), foi incluída na provincia Ilírica. Tras a derrota de Flavio Valente en Adrianópolis (378), foi ocupada polos godos. No s V as forzas romanas abandonárona e ocupárona sucesivamente os hunos, os ostrogodos, os lombardos e finalmente os ávaros en 567. Incorporada ao Imperio Carolinxio, no s IX ocupárona os maxiares.