"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Príncipe indio. Coñecido como Nana Sahib, dirixiu a rebelión dos sipaios contra os ingleses en 1857 e foi derrotado polo xeneral Henry Havelock e por sir Colins Campbell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xigante protagonista da novela de Rabelais Horribles et épouvantables faits et prouesses du très renommé Pantagruel (1532-1564). Fillo do xigante Gargantúa, cuxas aventuras son narradas xunto ás do seu fillo na primeira parte da novela, Pantagruel é coñecido polo seu amor á boa mesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao personaxe literario Pantagruel.

    2. Aplícase á cantidade de comida excesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que ten a súa orixe no grego Pantoleon ‘león en todas as cousas’, ‘forte coma o león’, de pan, ‘todo’ e leon, ‘león’. Presenta as variantes Pantaón e Pantallón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da Commedia dell’Arte. Orixinario de Venecia, trátase dun vello encorvado, luxurioso e avarento, destinado a representar o papel de vixilante, sempre burlado, dalgunha parella de amantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 303?) Mártir. Foi médico do Emperador Caio Valerio Maximiano Galerio en Nicomedia e morreu martirizado durante a persecución de Diocleciano. Curaba de xeito case milagroso e os colegas denunciárono por cristián. Atormentárono e finalmente decapitárono. A súa festividade celébrase o 27 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protoocéano que rodeaba Panxea, onde seica se orixinou a vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político italiano. Simpatizante do Partito Nazionale Fascista, defendeu o intervencionismo económico. Das súas obras destacan Erotemi di economia (1925 e, Principi di economia pura (1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘pantalón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superficie que serve de obstáculo ou que intercepta determinados raios de luz ou doutra cousa.

      2. Obxecto, opaco ou translúcido, de vidro, metal, tea ou papel que se pon arredor ou ao lado dun foco de luz para dirixir a súa claridade cara a unha zona determinada, para difundila por todo un recinto ou para evitar que os raios luminosos molesten a vista.

    1. Persoa ou cousa que serve para ocultar ou protexer a outra con algunha finalidade.

    2. Personaxe típica do Entroido de Xinzo de Limia. Descoñécese a súa orixe, pero inicialmente remítese ao medievo. O seu emprego festivo tivo unha paréntese durante os anos da guerra e reapareceu nos anos corenta. Os elementos que a compoñen son: máscara, capa, campaíñas, vexiga, polainas, calzón branco, camiseta fina e pano. A máscara ten dúas partes: o cucurucho e a carauta. O cucurucho faise cun molde especial e vai unido á parte correspondente da cara. É de cartón groso e de cor branca ou amarela. A carauta faise cun chapeu de feltro. A á deste chapeu, ao recortala, tamén se emprega para facer a forma do nariz, das cellas e unhas orellas que van pegadas á máscara. O feltro moldéase con papel pegado e engrudo e déixase secar para que quede duro e así poder darlle logo varias mans de pintura. As cores que leva a máscara son sempre as mesmas; rosa para a cara, e negro e vermello para o resto. No gorro ou cucurucho hai máis liberdade creativa. A capa é vermella, negra ou branca e reberetada...

      1. Superficie branca, de material téxtil ou plástico, sobre a que se proxectan imaxes cinematográficas ou fotográficas. Poden ter concepcións e dimensións moi diversas, desde as pequenas pantallas portátiles para a proxección de diapositivas ou películas de 8 mm, ata as grandes pantallas empregadas no cinemascope, o cinerama e a vistavisión.

      2. pantalla panorámica

        Tipo de pantalla alongada e cóncava en que se proxectan as películas feitas en cinemascope.

      1. Superficie plana do televisor ou do ordenador que permite visualizar os datos que este subministran.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Pantaión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de vestir que cobre o corpo da cintura para abaixo, e, separadamente, cada perna, ata os nocellos ou ata unha altura calquera. OBS: Adoita empregarse en plural con significado de singular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sector de terreo impermeable e chan, recuberto por unha capa de augas pouco profundas e polo xeral lamacentas. Pódese formar ao longo da costa, formando marismas, ou nas rexións de interior, en zonas endorreicas. Pode ser tamén a fase final dun lago en proceso de extinción. O seu volume de líquido varía segundo as estacións. Se a evaporación é moi forte, en zonas de clima árido, as augas teñen un elevado grao de salinidade. A fauna e a flora teñen que adaptarse a unhas condicións concretas, como os procesos de evaporación, salinidade, variación estacional, lama, desecación e augas pouco profundas. Unha drenaxe eficaz das augas e unhas medidas de saneamento axeitadas son dúas condicións esenciais para unha posterior valoración agrícola e gandeira destes lugares.

    2. Lago artificial de grandes proporcións creado ao interromper o curso dun río ou acrecentar un lago por medio dunha presa. Constrúense para abastecer regos, con obxectivos enerxéticos e de subministro de núcleos urbanos ou industriais, ou para regularizar o curso dos ríos e evitar inundacións.

    3. Área de presión atmosférica relativamente baixa, sen diferenzas importantes de presión duns puntos a outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Montederramo, no concello homónimo. O seu cumio acada os 964 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pantano.

    2. Que está cheo de pantanos ou marismas.

    3. Que está cheo de dificultades e incovenientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Pantaión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito ou dito propios dunha persoa que se gaba de algo que xeralmente non posúe e que ten como finalidade asombrar a xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) e Forcadela e Nogaledo (O Barco de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.066 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina segundo a que Deus e o universo son unha mesma realidade e os seus seres non teñen unha diferenza fundamental. Deixando de lado o coñecido como panteísmo antigo (presocráticos ou neoplatonistas, entre outros), o panteísmo estrito, posterior á aparición do termo no s XVIII e que é unha modalidade do monismo, pode ser de dous tipos: un que concibe a Deus como a única realidade verdadeira e en que o mundo queda reducido a unha simple manifestación, emanación ou desenvolvemento de Deus (panteísmo acosmista); e outro que, en cambio, establece que o mundo (a natureza) é a única realidade verdadeira, a unidade, o principio orgánico, o sentido último, cunha autoconsciencia que corresponde ao que se podería chamar Deus, aínda que de xeito impropio (panteísmo ateo). A cualificación panteística dunha doutrina filosófica ou doutra, como é o caso do averroísmo, resulta sumamente problemática.

    VER O DETALLE DO TERMO