"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • GALICIA

    Poeta, xornalista e lexicógrafo. Comezou a súa actividade como mestre nas terras onde naceu, ata que se trasladou á Coruña, onde exerceu como funcionario do concello (1888-1937). Compatibilizou o traballo administrativo co xornalismo, e dirixiu os diarios La Mañana e El Noroeste, o suplemento cultural deste último Terra a Nosa!, e foi correspondente de ABC e colaborador en O Tío Marcos d’a Portela, Alfar, A Monteira, Nós, A Nosa Terra, Revista Gallega, Suevia, Vida Gallega e Galicia. Durante esta época concorreu a diversos certames literarios con composicións que resultaron premiadas en Betanzos (1887), Tui (1891) e Santiago de Compostela (1915), e elaborou unha serie de pequenas pezas dramáticas en castelán e a Guía de Galicia para el turista (1917). Ao longo de todos estes anos preparou a que foi a súa obra máis importante, o Dicionario enciclopédico gallego-castellano, coñecido como O Eladio, editado entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Cofundou Alianza Popular (AP) en Ourense e foi deputado no Parlamento de Galicia por AP na primeira lexislatura (1981-1985). Foi director xeral de Emigración (1982), director xeral de Relacións coas Comunidades Galegas (1987) e vicevaledor do pobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Doutor en Xeografía e profesor na Universidade de Santiago de Compostela, a súa actividade acádemica e investigadora está vinculada á análise rexional e á ordenación e desenvolvemento territorial. Formou parte de equipos de investigación multidisciplinal dentro do IDEGA e da Secretaría Xeral de I+D da Xunta de Galicia e outros organismos nacionais e internacionais. Coordinou unha Rede Temática Docente financiada pola AECI sobre Desenvolvemento Rural integrada por 6 universidades latinoamericanas. Asesor da Enciclopedia Galega Universal, escribiu Lalín, un proceso de urbanización e desenvolvemento (1995), Estrategias de desarrollo local y regional de Iberoamérica (1999), De aldeas a cidades (1999, Premio da Crítica Galega na modalidade de Investigación 2000) e Xeografía, entre cultura e profesión territorial (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Matemático. Coñecido como O matemático de Bermés, foi catedrático na Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade abrangueu diversos campos da ciencia como a astronomía, as matemáticas e a mineraloxía. Participou nas operacións de medida do arco meridiano (1806-1808) e na formación dun mapa exacto de España (1808). En 1818 foi nomeado profesor de astronomía do Museo de Ciencias Naturales de Madrid para organizar o Observatorio Astronómico. Foi deputado polo Reino de Galicia (1820-1821). Publicou Observations on the measurament of three degrees of the Meridian, conduted in England by the Lieutenant Colonel William Mudge (1812).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé María Crespo Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información, foi xefe de edición e redactor xefe de La Región. Dentro deste mesmo grupo de comunicación ocupou o cargo de subdirector de Atlántico Diario (1992). Integrado na CRTVG, foi subdirector e xefe de informativos da TVG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político, marqués de Santa María. Foi auditor xeral do exército e fiscal do Consello Supremo de Guerra. Militou no liberalismo moderado, baixo a sombra de U. Montero Ríos. Foi senador pola provincia de Pontevedra en oito lexislaturas (1905-1907 e 1910-1923) e pola de Lugo (1907-1910). Colaborador do xornal El Español, publicou Manual Práctico de los Tribunales Militares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e compositor. Foi organista e mestre de capela de Santa María de Baiona e de Santiago de Vigo. Compuxo numerosas baladas e melodías como “Reflexos da terra”, “Sin niño”, “Coitas e bágoas”, “Saudades da alborada” ou “A noite”, a zarzuela “La Virgen de la Roca”, estreada en 1911, e adaptou para piano alalás, muiñeiras e outras pezas tradicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Firma comercial da fábrica de conservas vexetais creada en 1938 por José Sánchez García. O principal produto que comercializa son os mirabeis en xarope. Tamén traballou o doce de laranxa, a mazá, o marmelo, a pera e a uva en xarope e, logo ocupouse, primordialmente, dos produtos hortícolas como tomates, feixóns ou grelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura (1.675 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencento ao Rosal ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Rosal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Iniciado no idealismo nazarenista (Tobías y el ángel, 1860-1862), axiña pasou ao realismo, sen deixar, non obstante, a temática histórica (Testamento de Isabel, la Católica, 1864; Presentación de Juan de Austria a Carlos V, 1869; La muerte Lucrecia, 1871). Cultivou tamén o retrato (Condesa de Santovenia, 1871) e o paisaxismo (Paisaje urbano) e pintou obras próximas ao impresionismo como Mujer saliendo del baño (1867?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Membro da Xeración do 36, a súa obra caracterizouse polo clasicismo e por un perfecto dominio da técnica. Publicou Abril (1935), con influencias de Garcilaso; La casa encendida (1949), Rimas (1951), Segundo abril (1972), Canciones (1973), Diario de una resurrección (1979), La carta entera (1980) e Poesía reunida (1983), que inclúe gran parte da súa obra, ademais de diversos estudos que se enmarcan dentro do campo da investigación literaria. Foi membro da Real Academia Española (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista. Foi catedrático de Lingua Romanesa da Universidade de Bucarest. En 1948 ingresou na Academia e en 1963 pasou a dirixir o Centro de Investigacións Fonéticas e Dialectolóxicas. Autor de diversos estudos dedicados á fonética teórica e á historia do romanés, da súa obra destacan Recherches sur la phonétique du roumain du XVIe siècle (1926), Curs de fonetic ǎ general ǎ (1930) e Istorie a limbii române, De la origini pîną la începutu l secolului al XVII-lea, en seis volumes aparecidos sucesivamente desde 1938 (reeditados conxuntamente en 1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor sueco. Establecido en París e protexido por madame de Pompadour, participou nos Salons ata 1791. Os seus retratos foron influídos polos de M. Q. de La Tour e de G. van Loo. Destacan Dama do abano (1768), retrato da súa dona, e C. J. Vernet (1768).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Motociclista italiano. Debutou no campionato do mundo en 1996, e gañou ese mesmo ano a súa primeira carreira, o Gran Premio de República Checa. Proclamouse campión nas categorías de 125 cc (1997), 250 cc (1999) e 500 cc (denominada Moto GP desde 2002) entre os anos 2001 e 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Rubiales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e montañeiro estadounidense. Desde 1973 colabora coa National Geographic Society. A súa experiencia como escalador e montañeiro fíxoo famoso na arte da fotografía da natureza. En 1984 gañou o Premio Ansel Adams.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor e músico. Coñecido como Xoán Rubia, en 1968 comezou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, onde entrou en contacto cun grupo de músicos emerxentes que logo formarían Voces Ceibes. Ese mesmo ano compuxo as súas primeiras cancións sobre poemas de autores galegos, das que destacan Falade galego ou A emigración. En 1969 gravou o seu primeiro disco e a partir dese momento comezou unha serie de recitais e concertos por vilas e cidades de Galicia. En 1971 gravou outro disco con temas populares, dos que destacan Catro vellos mariñeiros ou Vexo Vigo. En 1976 editou o disco titulado Lembranzas e, xunto coa cantante María Manuela, lanzou o disco Panxoliñas. Posteriormente, editouse Nadal, que complementaba o anterior, compuxo novas cancións e actuou en numerosos festivais, tanto nacionais como internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO