rosaleira, A
rosaleira, A
Firma comercial da fábrica de conservas vexetais creada en 1938 por José Sánchez García. O principal produto que comercializa son os mirabeis en xarope. Tamén traballou o doce de laranxa, a mazá, o marmelo, a pera e a uva en xarope e, logo ocupouse, primordialmente, dos produtos hortícolas como tomates, feixóns ou grelos.