"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PERSOEIRO

    Actor e director de escena inglés, fillo de Edmund Kean. Destacou como director, sobre todo na realización de espectáculos a partir de textos clásicos e na importancia que lle deu á iluminación; de feito, foi un dos primeiros directores en utilizar puntos de luz para destacar determinados planos ou escenas. A súa carreira está moi vinculada ao Princess Theatre onde presentou escenificacións de W. Shakespeare ou Lord Byron, algunhas cunha clara deriva realista, que tanta influencia terían no duque Xurxo II de Saxe-Meiningen, un dos promotores da fonda renovación que viviu o teatro entre finais do s XIX e principios do XX, cando xurdiron diversas teorías da interpretación e se desenvolveu a tecnoloxía escénica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor inglés. En 1804 uniuse a un grupo de cómicos ambulantes cos que percorreu Inglaterra e Irlanda, e realizou unha sólida aprendizaxe en ámbitos como o mimo ou a acrobacia, formación que logo aproveitou para se converter no grande actor do teatro romántico inglés. Destacou na interpretación de papeis como Shylock, Enrique II, Enrique III, Otelo, Timon, King John, Coriolano, Macbeth ou Lear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joseph Francis Keaton

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Foi a musa de Woody Allen, que a dirixiu en diversos filmes como Radio Days (1987), Manhattan Murder Mistery (1993) ou Annie Hall (1977), pola que conseguiu un Oscar. Participou tamén noutras películas como Looking for Mr Goodbar (1977), Reds (1980), The Little Drummer Girl (1984), Father of the Bride (1991), The First Wives Club (1996), Town & Country (2001) e Something´s Gotta Give (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director cinematográfico. Coñecido como Buster Keaton, creou un personaxe de aparencia imperturbable, entre a candidez e o cinismo, en filmes como The Cameraman (1928) ou Steamboat Bill Jr. (1928). Como director evidenciou un gran sentido do ritmo e da construción dramática de filmes como Cops (1922), The Navigator (1924) ou The General (1927), nos que tamén participou como actor. Coa aparición do cine sonoro iniciou a súa decadencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Iniciouse con Poems (1817) e co extenso poema alegórico Endymion (1818), que foi atacado pola crítica máis influínte, pero que significou a aparición da súa madureza expresiva e o dominio dun verso dunha gran musicalidade. En 1819 plasmou o conflito entre a a arte e a vida nos seus sonetos e en tres grandes odas (a un reiseñor, a unha furna grega e ao outono), publicados no volume Lamia and Other Poems (1820). A súa poesía non foi valorada ata mediados do s XIX, co prerrafaelismo. Posteriormente, considerouse o lírico moderno máis destacado en lingua inglesa. O seu importante epistolario (1848) contén un corpus de reflexións estéticas de primeira orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (10.070 km2; 682.000 h [estim 1994]). A súa capital é El-Keleaa Srarhna (51.404 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • capa de Heaviside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, Reino Unido, unha das 32 que integran a área metropolitana do Gran Londres, na beira N do río Támesis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro afeccionado creada por Maximino Fernández Queizán en Vigo en 1966. Foi un dos colectivos que máis animaron a vida teatral da cidade, sobre todo entre finais da década de 1960 e principios da década de 1970. Entre os seus espectáculos cómpre destacar Ligazón (1967), a partir do texto de Valle-Inclán; La excepción y la regla (1967), sobre o texto de B. Brecht; El Diploma (1967), segundo a obra de L. Pirandello; A raposa e as uvas (1985), sobre un texto de Guilherme Figueiredo; Despois de Magritte (1992), sobre a obra de Tom Stoppard ou La puerta del paraíso (1993), cun texto de Miguel Cobaleda, amais doutros traballos con textos de Jardiel Poncela, Alejandro Casona, Molière ou E. Blanco Amor, e recitais de poesía de autores galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do nomós homónimo de Creta, Grecia (50.077 h [1991]). Correspóndese   coa antiga Cydonia. Conquistada en 1204 polos venecianos e fortificada en 1252, quedou baixo o seu dominio ata a conquista otomana (1646). En 1912 cedeuse a Grecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán activo da illa de Hawaii. O seu cráter sitúase na vertente L do Mauna Loa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Saint Claud 1943) Esquiador. Especialista en esquí alpino, gañou a Triple Coroa coas súas tres medallas olímpicas nos Xogos Olímpicos de Inverno de Grenoble (1968), nas especialidades de slálom, slálom xigante e descenso. Tamén gañou a Copa do Mundo (1967-1968) e foi copresidente dos Xogos Olímpicos de Inverno de Albertville.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Dederkaly 1750 - Varsovia 1812) Escritor e estadista polaco. Reformou a Universidade de Cracovia e tomou parte na reforma social e política. Interveu na revolta de Kościuszko e fixérono prisioneiro os austríacos e, despois, os rusos. Escribiu Prawem politycznym narodu polskiego (O dereito político do pobo polaco, 1790) e O ustanowieniu i upaku konstytucji polskiej 3 maja 1791 (Orixe e decadencia da constitución polaca do 3 de maio de 1791).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polea de gran diámetro (de 5 a 8 m), coa canle forrada dun material de elevado coeficiente de frición, empregada en aparatos de elevación, especialmente nas minas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Múnic 1946 - Friburgo 1995) Biólogo alemán. Doutor pola Universidade de Friburgo (1974), estudiou o control xenético da síntese dos anticorpos, que abriron as portas á consecución de anticorpos clonais contra calquera antíxeno. Por estas investigacións recibiu en 1984 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con K. Jerne e C. Milstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Moralista. É autor de Caractères (1688), a súa única obra, onde se recollen as súas observacións sobre os costumes do século na corte de Luís XIV e en París. O libro presenta unha galería de retratos case caricaturescos e irónicos, ás veces crueis, e unhas observacións de moralistas que o enriquecen e lle dan a súa verdadeira dimensión. A nobreza, para o autor, perdeu a súa característica esencial de referente moral para o conxunto do país. Posiblemente é a superficialidade o punto máis fraco da súa obra, que non se pode comparar á visión pesimista pero profunda de La Rochefocauld.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e narrador francés. De orixe burguesa, publicou primeiro unha adaptación de L’eunuque (1654) de Terencio, e poemas de circunstancias, de agradecemento a Fouquet, Aux nymphes de Vaux (1661) e Ode au roi (1663). Entre 1665 e 1674 publicou os seus Contes, inspirados en narradores italianos e franceses, e as primeiras escollas de fábulas: as seis primeiras apareceron en 1668 co título de Fables choisies mises en vers. Dez anos máis tarde seguiron os libros VII e VIII; en 1679, os IX, X e XI, e, finalmente, en 1693, o XII, onde tentou dar unha nova forma, que supera pola versificación as composicións dos autores antigos, como Isopo ou Fedro. Servíndose dos animais, esbozou unha moral discretamente epicureísta. As fábulas, nos últimos libros, manifestan un pensamento máis maduro, unha intransixencia máis forte ante os vicios da humanidade, un elevado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico. Escribiu traxedias convencionais, pero a súa actividade máis importante foi o exercicio da crítica literaria. Das súas obras destacan Le Lycée, ou cours de littérature ancienne et moderne (1799).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • san (Reims 30.4.1651 - Rouen 7.4.1719) Sacerdote e pedagogo francés. Despois de ser ordenado sacerdote en 1678, fundou a congregación dos Irmáns das Escolas Cristiás. Ademais das constitucións da congregación de 1693, escribiu Les devoirs du chrétien (1703). O seu sistema pedagóxico, exposto en La conduite des écoles (1717), prescribiu unha pedagoxía racional e a adopción da lingua materna en lugar do latín. Foi canonizado en 1900 e proclamado patrón dos educadores en 1951. A súa festa celébrase o 7 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO