La Salle, Jean-Baptiste de
La Salle, Jean-Baptiste de
san (Reims 30.4.1651 - Rouen 7.4.1719) Sacerdote e pedagogo francés. Despois de ser ordenado sacerdote en 1678, fundou a congregación dos Irmáns das Escolas Cristiás. Ademais das constitucións da congregación de 1693, escribiu Les devoirs du chrétien (1703). O seu sistema pedagóxico, exposto en La conduite des écoles (1717), prescribiu unha pedagoxía racional e a adopción da lingua materna en lugar do latín. Foi canonizado en 1900 e proclamado patrón dos educadores en 1951. A súa festa celébrase o 7 de abril.