"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Descrición dos tecidos orgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica, formada por rectángulos, das frecuencias dunha variable. O ancho do rectángulo representa intervalos divididos en zonas de valores observados, e a altura o número de observacións por intervalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estudio bibliográfico e crítico dos escritos sobre a historia e as súas fontes.

      2. historiografía da arte

        historiografía da arte.

    1. Conxunto de obras e investigacións históricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á historiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que está designada para escribir a historia dun reino ou estado, dun monarca ou dun acontecemento específico.

    2. Persoa especializada en historiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación gráfica dunha serie de observacións, ordenadas e expresadas en función do tempo, relativas a unha variable física, económica, meteorolóxica, etc, que permite poñer de manifesto a tendencia, a periodicidade e, en xeral, a variabilidade da magnitude considerada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en Ourense en 1970 por actores que proviñan do Grupo de Teatro Valle Inclán, con dirección de Xosé Manuel Blanco Gil. Dos seus espectáculos destacan Tempo de chorar (1974) e SOS do estrelecer (1975), traballos de creación colectiva a partir de textos de Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro, Antígona (1976), a partir do texto de Bertolt Brecht, e A pancarta (1978), sobre un texto de José Díaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curva, no estudo do movemento dun punto, determinada polos extremos dos vectores correspondentes á velocidade instantánea cando se traslada, ordenadamente, a unha mesma orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que rexistra a distancia percorrida por un vehículo ou viandante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción na que os hidróxidos de amonio cuaternarios, nos que un dos substituíntes do nitróxeno ten polo menos un átomo de hidróxeno na posición β, se descompoñen, ao quentalos, e dan unha olefina e unha amina terciaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en Lugo a partir do 31 de xullo de 1921. Cesou a súa edición o 18 de abril de 1922. Subtitulada “Órgano de la FCA de Lugo, dirigida y redactada por esta entidad”, incluía información sindical, directivas e cuestións relacionadas coas actividades agropecuarias. Editábase e saía conxuntamente co periódico La Voz de la Verdad. Foi substituída polo boletín Lugo Agrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obter un holograma dun obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que permite o rexistro e a restitución de hologramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á holografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao testamento ou outro documento de puño e letra do testador ou autor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Negativo fotográfico transparente impresionado a consecuencia da interferencia de dous feixes de luz coherentes e que, iluminado e observado axeitadamente, reproduce unha imaxe en relevo do obxecto fotografado. O principio óptico do holograma foi descuberto por D. Gabor en 1947, pero non foi posto en práctica ata o desenvolvemento dunha fonte eficiente de luz coherente, o láser, que foi aplicado neste eido por E. N. Leith, J. Upatnieks e C. W. Stroke en 1963. A luz emitida por un láser divídese en dous feixes mediante un espello semitransparente. O feixe de referencia ilumina o negativo fotográfico, mentres que o feixe obxecto ilumina o obxecto a fotografar; a luz que este difracta ilumina tamén o negativo fotográfico. A interferencia destes dous feixes sobre o negativo fotográfico produce a impresión dunha trama de franxas interferenciais. Así obtense o rexistro do holograma. Mediante a iluminación do holograma por un feixe láser, un observador que mira a través do holograma...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha proxección plana dunha superficie curva que conserva as relacións mútuas das súas partes, especialmente en tamaño e forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relación existente entre dúas ou máis palabras diferentes que se escriben igual, independentemente de cómo se pronuncien, de que pertenzan ou non á mesma categoría gramatical, etc.

    2. Transformación xeométrica biunívoca do plano ou do espazo que conserva a aliñación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á homografía.

    2. Aplícase ás figuras entre as que se pode establecer unha homografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á unidade en que se produce homografía. Por exemplo, présa [‘ε] ‘rapidez’ e presa [‘e] ‘cantidade’; óso [‘ "Stone Sans PhoneticIPA" >ɔ ] ‘parte do esqueleto’ e oso [‘o] ‘animal’.

    VER O DETALLE DO TERMO