"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

    1. Que perdeu a frescura e o brillo.

    2. Capa de fungos que se cría na materia orgánica en descomposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no S do litoral da provincia da Coruña. Esténdese aproximadamente desde os 42° 50’ aos 42° 46’ de latitude N e desde os 9° 09’ aos 9° 03’ de lonxitude O. Limita ao N coa comarca de Fisterra (concello de Dumbría), ao L coas comarcas de Xallas (concello de Mazaricos) e Noia (concello de Outes), ao S co Océano Atlántico, coa ría de Muros e Noia e ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 142,9 km2, en que acolle unha poboación de 15.636 h (2001) distribuída nos concellos de Carnota (70,09 km2; 5.480 h) e Muros (72,9 km2; 10.156 h). A densidade demográfica é de 108,73 h/km2(superior á media galega de 91,15 h/km2en 2001). A vila de Muros é a rectora da comarca. Trátase dunha comarca costeira e turística que configura unha parte do SO da provincia da Coruña.
    Xeografía física
    O territorio que forma a pequena comarca coruñesa de Muros non ten unha unidade natural propia. Esta comarca é parte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo comarcal fundado en 1984 na Fonsagrada por un padroado veciñal, do que tamén forman parte o concello e os centros educativos. Pertence ao Consello Galego de Museos. Os seus fondos agrúpanse en seccións de arquitectura popular (vivenda, hórreos, muíños), etnografía (oficios, vida rural, xogos e outros aspectos), arqueoloxía (época megalítica, castrexa e romana), historia local, e escultura relixiosa e contemporánea. Ten unha biblioteca especializada e un arquivo fotográfico, ademais de salas para exposicións temporais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamil Nadū, India, situada na punta meridional da península de Indostán, a poucos quilómetros do cabo Comorin (189.482 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Foi director xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Xunta de Galicia (1990-1997), conselleiro da Sociedade Galega de Desenvolvemento Comarcal e asesor xurídico do Banco de Crédito Agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co signigicado de ‘sono’, ‘sopor’.

    2. Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co signigicado de ‘droga’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da vertente cantábrica, situado en Asturias, afluente principal pola esquerda do río Nalón, onde desemboca preto de Pravia (107 km).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide que se atopa no opio nunha porcentaxe do 0,1 ao 0,5%, e que se emprega como narcótico e analxésico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Amor dirixido cara ao propio eu ou ao ideal do eu. Orixinariamente dáse nas primeiras fases libidinosas, coñecido como narcisismo primario. O narcisismo secundario forma parte das enfermidades psiquiátricas como a esquizofrenia e a paranoia. Un certo grao de narcisismo forma parte necesariamente da personalidade.

    2. Satisfacción ou admiración excesiva dun mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao narcisismo.

    2. Que ou quen está afectado de narcisismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común co que se coñecen as plantas do xénero Narcissus.

    2. Flor desta planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se comprace na contemplación de si mesma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, fillo de Cefiso e da ninfa Liriope. Insensible ao amor das ninfas que o querían, entre elas Eco, namorouse da súa propia imaxe reflectida nunha fonte e transformouse na flor que leva o seu nome. Este mito foi contado por Ovidio nas Metamorfoses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Liberto do Emperador Claudio I. Recibiu do emperador o encargo de dirixir a burocracia imperial (libertus ab epistulis). Desfixo a conxuración de Valeria Mesalina no ano 48. Odiado por Agripina, suicidouse   tras a morte de Claudio I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Xerusalén. Presidiu un concilio en que se decidiu que a Pascua tiña que celebrarse sempre en domingo. A súa festividade celébrase o 29 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Girona 18.3.307?) Bispo de Girona. Fuxiu da súa diocese durante a persecución de Diocleciano e refuxiouse en Augsburgo, na casa da cortesá Afra, a quen converteu. Nesa cidade tamén consagrou a san Denís como bispo. De volta en Girona, morreu martirizado xunto co seu diácono Fiz. A súa festividade celébrase o 18 de marzo e o 29 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome persoal grego Νάρχισσος, derivado do idéntico nome común grego da planta, que se remonta por etimoloxía popular a νάρκη ‘sopor, preguiza’. Do grego pasou ao latín como Narcissus, nome frecuente de escravos, libertos e cristiáns da época imperial. Levan este nome san Narciso, bispo de Xerusalén, que se celebra o 29 de outubro, e san Narciso, bispo de Girona, que se celebra o 18 de marzo e o 29 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas bulbosas, da familia das amarilidáceas, de follas radicais cintiformes ou lineais, flores con periantio formado por seis pezas, de cor branca ou amarela, solitarias ou en pequenos ramalletes e de froitos capsulares. Comprenden unha trintena de especies, propias de rexións temperás paleárticas, moitas delas cultivadas en xardinaría. Algunhas das máis representativas, presentes en Galicia, son N. Pseudonarcissus (narciso de montaña), que medra en prados de montaña en toda Galicia; N. pseudonarcissus (narciso trompón), que medra en zonas frescas (beiras de ríos e sotobosques), e N. cyclamineus, especie endémica de Galicia e N de Portugal que florece á beira dos ríos e regatos entre febreiro e abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • narcotraficante.

    VER O DETALLE DO TERMO