"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Meteorólogo sueco. Foi o sistematizador do método noruegués de análise meteorolóxica. Introduciu o concepto de masa de aire, explicou a frontoxénese cinemática e estudiou o mecanismo das precipitacións atmosféricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico sueco, discípulo de Linneo, coñecido polos seus traballos sobre Química, malia que os seus estudios iniciais foron no campo das Matemáticas e da Historia Natural. Investigou sobre a afinidade dos elementos. Foi autor de numerosos traballos sobre Mineraloxía, Xeoloxía e Astronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor flamengo, coñecido tamén co pseudónimo de Tony. Destacan as súas obras Twee Rhijnlandsche novellen (Dúas narracións renanas, 1870) e Ernest Staas, advocaat (Ernest Staas, avogado, 1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle que separa as costas de Alasca (América) das de Siberia (Asia), comunicando o mar dos Chukchi co mar de Bering. O treito máis estreito está entre o cabo Príncipe de Gales (Alasca) e o cabo de Dežnev (Siberia). O estreito recibe o nome do navegante danés Vitus Bering, que o atravesou no ano 1728.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Ourense onde foi alumno de Manuel Núñez Faílde e Antonio Gómez Campos; aprendeu tamén con Prego de Oliver. No curso 1956-1957 substituíu a Faílde Gago como profesor de modelado e baleirado. Integrado no colectivo de artistas plásticos Solaina das Artes, formado por profesores da Escola de Artes de Verín, a súa escultura continúa a tradición dos seus mestres nunha liña popular, de humanismo e de tenrura figurativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa automobilística francesa fundada en Lyon (1894) por Marius Berliet. Desde 1967 quedou estreitamente vencellada á empresa Citroën. Na súa orixe fabricaba automóbiles e camións, pero desde 1939 dedicouse só a camións. En 1975 foi integrada na Renault e en 1980 desapareceu a marca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. Na súa xuventude comezou os estudios de Medicina, pero pronto deixou a universidade polo conservatorio. En 1830 gañou o Premio de Roma e escribiu a cantata Sardanapale, composición inacabada e non publicada, e Symphonie fantastique: épisode de la vie d’un artiste (Sinfonía fantástica: episodio da vida dun artista). Logo dunha estadía en Italia, colaborou como crítico musical en Le Journal des Débats. Entre a súa produción destacan ademais a sinfonía dramática Roméo et Juliette (Romeo e Xulieta, 1839); as oberturas Le Roi Léar (O Rei Lear, 1831) e Le carnaval romain (O carnaval romano, 1844), e a ópera Les Troyens (Os Troianos, 1856-1859). Considerado como o único músico propiamente romántico de Francia e como o creador da instrumentación moderna, influíu decisivamente na música do s XIX en compositores como Richard Strauss, Smetana ou Lisz, e sobre xeracións posteriores, especialmente sobre os músicos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formado en Flandres, aprendeu as novidades estilísticas e da técnica do óleo da escola flamenga. Traballou en Zaragoza, onde orixinou unha activa escola aragonesa a partir do ano 1474. En Daroca pintou os retablos de San Domingos de Silos (1474) e de Santa Engracia; en Barcelona asinou para a catedral a pintura sobre madeira Pietat (1490), unha das primeiras obras españolas realizadas en óleo. Da súa produción artística destacan: La resurrección, La entrada en el paraíso e La virgen con el niño y un donador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada no concello da Pobra do Caramiñal, na antiga Poboa do Deán. Consérvase a torre e unha casa do s XVI de estilo plateresco. Alberga no seu interior o Museo Valle Inclán e a Casa da Cultura. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Arcediago de Morvedre na Catedral de València, en 1820 foi nomeado deputado nas cortes; loitou contra os absolutistas e especialmente contra a Inquisición. En 1823 emigrou a Londres. Publicou escritos de carácter político-relixioso, como por exemplo Juicio histórico, canónico y político de las naciones sobre los bienes eclesiásticos (1812), que lle valeu un proceso da Inquisición, aínda que despois foi absolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariable aleatoria x susceptible de tomar dous únicos valores, 0 e 1, con probabilidades p e q = p-1, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Bernstorff. Como ministro de Asuntos Estranxeiros (1803-1810), representou a Dinamarca no congreso de Viena. Partidario da Santa Alianza, pasou ao servizo de Prusia (1818-1831), á que representou no Congreso de Aquisgrán e na constitución do Zollverein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto, coñecido polo nome de Pietro da Cortona. Estudiou pintura en Florencia e estableceuse en Roma en 1613. Destacou como pintor de frescos con obras como a Allegoria da Divina Providencia (1633-1639) do palacio Barberini de Roma ou as bóvedas do palacio Galería Pamphili (1651-1654). Como arquitecto cultivou unha linguaxe clásica e inseriu as fachadas no urbanismo da cidade: fachada de Santa Maria della Pace (1656-1657) ou loggia de Santa Maria en Via Lata (1658-1662). Dirixiu a reconstrución da igrexa de San Lucas e Santa Martina (1635-1650), en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de música folk creado en 1995 por músicos cunha longa tradición artística. Editou os traballos Navicularia (1996) e Viaxe por Urticaria (1999). Así mesmo, son os creadores da banda sonora do proxecto Renovart, serie documental dedicada ás enerxías alternativas e producido por Canal+. Recibiu o Premio da Crítica Alemana (1997) polo seu primeiro traballo e o Premio Europeo da música Eiserner Eversteiner (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi director literario da Gaceta Piamontesa. É autor de obras de diversa inspiración romántica. Destaca a súa comedia en dialecto piemontés Le miserie d’monsù Travet (1863). Outras obras súas son: Galatea, ricordi storici (Galatea, recordos históricos, 1880) e Il cane del cieco (O can do cego, 1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Marquesa de Toscana. Era filla de Lotario II de Lorena. Casada con Adalberto II, marqués de Toscana. Berenguel I, Rei de Italia e Emperador de Occidente, apresouna, pero houbo de ceibala ao sublevarse a Toscana en apoio dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe xermánica, usado como prenome a partir do hipocorístico dun nome pleno que tiña como primeiro elemento berht ‘brillo, resplandor’. Tamén pode ser o hipocorístico actual de nomes como Alberto, Roberto, Norberto, etc. A forma familiar de Berta e Totina Santa Berta (s VIII) foi filla do Rei franco Cariberto, casou con   Etelberto de Kent; a morte deste, ingresou nun convento francés e morreu no 725. A tradición popular tamén lembra a beata Berta (s VIII), coñecida como Berta la filandière, muller de Pipino o Breve e nai de Carlomagno, finada no 783. A festa de santa Berta celébrase o 4 de xullo e a de san Berto o 15 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilaboa baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Foi profesor de Historia e Xeografía na Academia de Mariña de Nápoles. É autor de Della filosofia della storia (Sobre a filosofía da historia, 1787) e de compilacións de poesía. A súa achega principal foi a introdución en Italia dos prerrománticos alemáns.

    VER O DETALLE DO TERMO