Bering, estreito de
Bering, estreito de
Canle que separa as costas de Alasca (América) das de Siberia (Asia), comunicando o mar dos Chukchi co mar de Bering. O treito máis estreito está entre o cabo Príncipe de Gales (Alasca) e o cabo de Dežnev (Siberia). O estreito recibe o nome do navegante danés Vitus Bering, que o atravesou no ano 1728.