Bering, mar de
Bering, mar de
Mar anexo ao extremo setentrional do océano Pacífico, que comunica co océano Ártico polo estreito do mesmo nome. Está situado entre Alasca, as penínsulas dos Chukchi e Kamchatka, o arco das Aleutianas e as illas Komandorskije. Abrangue unha superficie de 2.270.000 km2. A profundidade media é de 1.558 m e a máxima de 4.191 m. Descuberto polo ruso Semen Ivanovič Dežnev en 1648, foi explorado polo danés Vitus Bering en 1728 e polo inglés James Cook en 1778.