Berinxia, tradición de
Berinxia, tradición de
[PREHIST]
Coñécese tamén co nome de tradición Denali ou, dun xeito máis correcto, tradición paleoártica. Agrupa un conxunto de culturas paleolíticas de Alasca e do norte do Canadá datadas entre os anos 8000 e 5000 a C, que se caracterizan pola presenza de microláminas obtidas a partir de pequenos núcleos en forma de cuña, puntas bifaciais, raspadores e burís. Recoñécense paralelismos desta tradición cultural en Siberia (tradición Dyukhatai), o que permitiu elaborar a hipótese de que esta tradición fose herdeira da que definiron os primeiros poboadores americanos procedentes de Asia.