Berisha, Sali

Berisha, Sali

Médico e político albanés. Licenciado en Medicina pola Universidade de Tirana. En 1990 fundou o Partido Democrático de Albania, co que obtivo a vitoria nas eleccións de 1992 que o converteron en Presidente do país; favoreceu o pluralismo político e adoptou medidas que introducisen a economía de mercado. En xaneiro de 1997 desencadeouse unha revolta política e social provocada pola quebra duns fondos de investimento, respaldados polo Estado, que deixaron na ruína a miles de albaneses. No momento en que a policía e o exército se uniron aos insurxentes, Berisha viuse obrigado a aceptar a convocatoria de eleccións anticipadas e dimitir o 13 de xullo de 1997.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tropojë